Barreiros, 4 de outubro de 2021. O Partido Popular denuncia que as escolas deportivas de Barreiros “son as máis caras da Mariña”. Concretamente, o voceiro do Grupo Municipal, José Manuel Gómez Puente, indica que os 25 euros que teñen que pagar as familias ao mes por unha actividade dos seus fillos vailles supoñer uns 200 euros polos oito meses que duran estas escolas.
O popular cualifica este custe de “sablazo que non podemos permitir”, sobre todo, para aquelas unidades familiares que teñen un poder adquisitivo baixo e, nun momento, di Gómez Puente, “no que todos temos que sumar para favorecer a recuperación económica”.
Abaratamento do prezo
Por este motivo, dende o PP pídenlle ao equipo de goberno que “sexa sensible e adopte as medidas necesarias para que ningún neno ou nena se quede sen poder realizar deporte por motivos económicos”. Asemade, solicitan á rexedora nacionalista o abaratamento do custe e o adapte á media do resto de Concellos da comarca. Neste senso, os populares solicitan que esta redución tamén se aplique segundo o nivel de renda familiar.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



