Ribadeo, 28 de outubro de 2021. A coordinadora de Cultura do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Begoña Sanjurjo, convida aos ribadenses a solicitar a partir do 1 de novembro o ‘Bono Cultura’, unha iniciativa da Xunta para promover o gasto en actividades culturais.
A través deste programa, a Xunta ofrece descontos do 50% en libros, videoxogos, produtos audiovisuais en formato físico, concertos ou outras actividades culturais. Sanjurjo lembra que se poderán gastar “un máximo de 50 euros por persoa nunha soa acción ou repartidos en varias”.
Os ribadenses maiores de idade interesados poderán solicitar o seu bono a través da web https://www.bonocultura.gal para gastar o seu ‘Bono Cultura’ ata o 31 de decembro nos establecementos e servizos adheridos que dispoñen ata o 18 de novembro para formalizar tamén a súa participación neste programa.
O Grupo Municipal Popular está a informar aos establecementos do sector sobre esta campaña tendo en que o programa da Xunta “ademais de favorecer os nosos petos, tamén beneficia ao sector cultural da nosa vila”, segundo sinala Sanjurjo.























Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



