A Mariña, 29 de outubro de 2021. Os tres deputados no Parlamento de Galicia da Mariña, Elena Candia, José Manuel Balseiro Orol e Daniel Vega, poñen en valor o investimento que realizará a Xunta de Galicia en 2022 en materia de saneamento nos concellos de Burela, Viveiro e Foz, e que ascende aos 7,2 millóns de euros. Concretamente, e segundo se pode comprobar nas contas presentadas polo Executivo autonómico, levaranse a cabo actuacións relacionadas co tratamento de augas, así como a construcción ou mellora das depuradoras en ditas localidades.
Para os populares “sáldase unha débeda histórica”, ao tempo que se dará un servizo necesario para os veciños destes tres municipios. Dun xeito desglosado, as partidas económicas que se recollen no documento orzamentario son as seguintes: Viveiro (1,6 millóns para o saneamento de Celeiro e mellora da EDAR, e melloras nas liñas de tratamento 1,29 millóns); mellora de saneamento e construción da de Burela (420.000 euros); e, en Foz, execución dunha nova depuradora (3,85 millóns).
“Agradecemos a sensibilidade do Goberno galego coa nosa comarca que recolle unha demanda constante dos veciños destes concellos. Son actuacións que, ademais, de dar un mellor servizo, mellorarán a súa calidade de vida”. Para os deputados do PP demóstrase “que non é o mesmo que gobernen uns a que gobernemos outros”. “Fronte a un Goberno central que, por exemplo, soterra a autovía da Mariña ou que aínda non deu unha solución a Alcoa, a Xunta de Galicia cumpre recollendo no DOG as demandas da Mariña”.
Intervención Alcoa
A este respecto, dende o PP valoran positivamente a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula o ERE de Alcoa e reclaman, unha vez máis, a intervención pública da Sepi se fose necesario. “O Goberno ten que actuar xa. Vímolo dicindo nos últimos meses e estano a pedindo a gritos os traballadores. A venda debe ser inmediata e se é necesario que interveña a Sepi”, insisten.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



