Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2021. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reiterou hoxe que non haberá unha solución posible para a planta de Alcoa en San Cibrao ata que exista unha implicación real e efectiva por parte do Goberno e da propia empresa.
En resposta a unha pregunta parlamentaria, Conde volveu insistir en que sen un prezo eléctrico competitivo será imposible atopar un comprador viable para, porque carece do escenario enerxético óptimo para presentar as súas ofertas. Por iso subliñou que é necesario que o Goberno active “todos os mecanismos e ferramentas que ten ao seu alcance para afrontar a venda de Alcoa con seguridade, incluída a intervención temporal a través da Sepi”.
O vicepresidente económico subliñou que a decisión do Tribunal Supremo de confirmar a nulidade do Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) que Alcoa quería aplicar é unha boa noticia para a comarca da Mariña e para Galicia. Sobre todo, precisou, para o conxunto de traballadores que, xunto ao Goberno galego, defenderon sempre o mantemento da actividade da única planta de aluminio primario que queda en España.
Conde reiterou que, non obstante, non se garantirá a estabilidade da industria electrointensiva —que xa advirte de que moitas plantas están a reducir a produción—, mentres que o Goberno central non faga caso a esta situación e tome medidas contundentes para rebaixar o prezo da electricidade.
A política enerxética do Goberno, abondou, está poñendo en perigo a supervivencia de sectores concretos como a gran industria hiperelectrointensiva. Por iso, subliñou que é hora de que o Goberno escoite á industria e colabore ofrecendo confianza ao tecido empresarial; achegando fondos Next Generation coa máxima transparencia e en cogobernanza coas comunidades autónomas e evitando políticas que poñan en perigo as instalacións existentes.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


