Será este venres 12 con saída ás 17h. do porto de Foz.

Este domingo 29, o grupo teatral O Centiño de San Martiño, estreará a súa nova obra "A morte morrida", na que se contan, en clave humorística, as aventuras e desventuras de Crispín, un empregado de banca que se xubila e ve a morte preto. Será na área recreativa de Ferreiravella, ás 19,00 horas, con prazas limitadas.
Este sábado 28, estará no restaurante O Filón, en Vieiro, a partires das 12h da mañá para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas ou queixas que as veciñas e veciños queiran trasladar ao BNG e á concelleira Míriam Bermúdez. Cos encontros Cóntallo ti, cos que xa levan anos visitando as parroquias do concello, poténciase a voz da veciñanza trasladando e defendendo as súas demandas no pleno municipal.
Arestora son 1018. Destes 1 está en UCI no Hula, 31 están en hospitalización: 20 no Hula. 4 no Hospital da Mariña. 6 no Hospital de Monforte.
O obxectivo é recoller residuos abandonados das contornas naturais e sensibilizar sobre esta problemática desde a propia acción, implicando aos aloxamentos membros de Rusticae, aos seus hóspedes e ás comunidades nas que se sitúan.
A artista barreirense Olivia Canoura ven de presentar a súa primeira novela Mientras dure la noche, un relato de relatos narrados no marco dunha noite de tormenta, que recende castañas asadas e no que as sombras que se moven de esguello entre os panos da noite se tornan protagonistas. Relatos de infancia que se transforman en realidade na súas palabras ó memos nivel que nos seus debuxos. A presentación do libro tivo lugar este pasado sábado na Biblioteca Municipal de Barreiros, nun ambiente cercano e familiar nos que os asistente puideron desfrutar dun edificante intercambio coa autora.
Será a partir das 17h nas escolas, con merenda infantil e para maiores, música tradicional e circo. Haberá servizo de bar
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, sumouse á reivindicación do papel da muller no arte, con figuras como a universal artista vivairense Maruja Mallo, que "aínda hoxe constitúe un exemplo para todas as mozas e mulleres", segundo sinalou. A subdelegada acompañou á alcaldesa María Loureiro e á exvicepresidenta do Goberno e actual presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos deputados, Carmen Calvo, que foi a encargada de clausurar, esta mañá, o ciclo de conferencias "Maruja Mallo, Viveiro e a vangarda do século XX".
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital