Lugo, 08 de novembro de 2021. A política de persoal é un dos mellores parámetros para comprobar a calidade dun goberno. No caso da Deputación, a xestión dos recursos humanos ten aspectos altamente preocupantes. Por iso, en palabras do seu portavoz, Javier Castiñeira, “o Grupo Provincial Popular vai seguir denunciando os agravios en política laboral, de persoal, na Deputación de Lugo, especialmente do ex sindicalista e agora patrón da Deputación de Lugo, señor Tomé, que non lembra o seu pasado de sindicalista e que en vez de velar polos intereses dos traballadores máis desfavorecidos, ao contrario, trata de velar pola política de amiguismo e compensacións”.
Castiñeira declara: “De novo vólvese abusar das asignacións temporais de funcións (ATF), que deberan ser casos moi concretos; novamente se abusa disto para nomear xefes de servizo a traballadores que entendemos que nalgún caso non lles corresponde, porque os principais méritos que parecen ter é ser compañeiros ou ex compañeiros do señor Tomé no Parlamento de Galicia ou ter sido cargo socialista nalgún momento”.
Explica o portavoz popular que “a este agravio están sometidos os ex traballadores de Suplusa dedicados ao mantemento das zonas verdes, que pasaron, en contra da súa vontade, a formar parte do cadro de persoal de Tragsa, mentres outros compañeiros en Suplusa se incorporaron directamente á Deputación de Lugo. Non se avanzou nada en corrixir esa situación”. Engade: “Neste caso o BNG incumpre as promesas de solucionar este problema canto antes. O peor é o día a día, porque se están incumprindo acordos da propia subrogación en Tragsa, acordos que afectan aos dereitos laborais deses 21 traballadores . Nin Tragsa é capaz de cumprilos nin o goberno da Deputación ten interese en velar para que se cumpran eses dereitos”.
Os populares piden “ao señor Tomé moito máis rigor e que mire polos traballadores máis desfavorecidos”. Conclúen que “a política do goberno provincial é unha política caciquil en moitos casos, que non debería admitirse”.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



