Burela, 9 de Novembro de 2021. O vindeiro venres, 12 de novembro, a partir das 20,00 horas da tarde, o salón de conferencias municipal (antiga biblioteca) do Concello do Burela acollerá unha charla informativa sobre o “Catastrazo”, durante a que se analizará a repercusión da recente actualización dos valores de referencia catastrais que entrarán en vigor o vindeiro ano 2022.
A conferencia é aberta ao público e está organizada pola Asociación de Veciños “O Vencello” de Burela. Correrá a cargo de Felipe Fernández Muriel, Enxeñeiro Técnico Agrícola; técnico do Punto de información catastral do Concello de Burela; responsable do Punto de Información Catastral da Mariña; experto técnico Inmobiliario (ETI); taxador xudicial inmobiliario; xerente de ‘FEAM Control Integral del Suelo’; e enxeñeiro xefe catastral de ‘Servicios Catastrales da Mariña’.
Dende O Vencello convidamos a todos os veciños e veciñas de Burela -e tamén aos do resto da Mariña- a asistir a este relatorio que afecta a todos os cidadáns; xa que a partir do próximo 1 de xaneiro entrará en vigor un novo valor de referencia que determinará os impostos que debe pagar quen merque unha vivenda de segunda man ou quen herde ou reciba en doazón un inmoble. Neste senso os expertos alertan de que suporá un aumento na tributación de diferentes impostos aos que afecta esta modificación; coma o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) para quen compra unha casa usada, ou Imposto de Sucesións e Doazóns; e tamén o Imposto sobre o Patrimonio.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



