Burela, a 9 de novembro de 2021. O Grupo Municipal Popular de Burela demándalle ao alcalde Llano que poña orde dunha vez por todas no caótico servizo de recollida do lixo e limpeza viaria. O voceiro popular en Burela, Manuel Rouco, considera que “non se están a cubrir na súa totalidade os postos de traballo que o prego de condicións deste servizo demandaba; xa que agora debería haber como mínimo 20 traballadores na rúa e hai 18 coa conseguinte merma da calidade dos servizos”.
Os populares xa lle demandaran ao rexedor socialista o mes pasado unha copia da relación de traballadores que están este ano dados de alta e, como non podía ser doutro xeito, fixo oídos xordos e ocultou dita información ao non ser transmitida en tempo e forma, tal e como marca a lei.
O voceiro, Manuel Rouco, advirte que “todo apunta a que os postos de traballo que non están subrogados están a ter unha rotación de seis meses co que sospeitamos que, deste xeito, a calidade do servizo ten unha merma importante porque aos novos empregados que comezan hai que ensinarlles. Desmóntanse, polo tanto, as declaracións tanto do alcalde coma do concelleiro Fernández Rey cando dicían que o servizo ía estar máis profesionalizado. Pero é todo o contrario: hai máis inestabilidade laboral ca nunca”.
Rouco esíxelle ao alcalde que “explique cales foron os motivos para inflar en 160.000 euros ao ano o importe do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria porque non percibimos melloría na calidade deste servizo. Polo tanto, estes cartos poderían estar aforrados e destinalos, por exemplo, a axudas ao sector do comercio, hostalería e familias máis desfavorecidas de Burela ante a crise que se está a vivir”.
Ante “o escurantismo reinante” derivado da adxudicación feita por Llano no que se refire ao contrato de recollida do lixo, o Grupo Municipal Popular tamén solicitou o mes pasado información relativa aos partes de traballo onde se acredite a limpeza dos contedores, o baldeado das beirarrúas ou dos labores de desratización por parte da empresa Urbaser. “Pero nada de nada. Sospeitamos, polo tanto, que non existen tales partes para o control da actividade da empresa concesionaria por parte do equipo de goberno de Llano e, polo tanto, estase a pagar á empresa sen ton nin son”.
Rouco matiza que “isto enlaza coa denuncia feita polo noso grupo fai unhas semanas na que se indicaba que a empresa estaba a ofrecer servizos en concellos limítrofes cos recursos pagados polos veciños e veciñas de Burela e en horario laboral destinado ao noso concello. Mentres, o alcalde Llano mira para outro lado”, condena o popular.
“A pregunta que nos deberiamos facer os veciños e veciñas de Burela é: por que se están a permitir estes desmáns dende a alcaldía? Acaso hai algún favor que pagar por parte do señor Llano e do señor Fernández Rey?”, se pregunta Rouco.





















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



