29 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro inaugurou na tarde de onte a 3ª edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, que se prolongará ata o próximo venres, 3 de decembro.
A inauguración desta edición, dedicada ao Trastorno do Espectro Autista (TEA), celebrouse no teatro Pastor Díaz, contando coa presencia da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
Ademais, o acto contou coa participación do padriño desta mostra, Santiago Fernández Pérez, un rapaz de 15 anos con TEA quen deu conta da súa propia experiencia.
Esta edición continúa hoxe, luns 29 de novembro, coa presentación da acción ‘O Comercio e a Hostalaría Inclúen. Na procura dun comercio e unha hostalaría máis inclusivos’. A actividade consistirá nunha charla-encontro dirixida a persoas relacionadas co comercio e a hostalaría. Dita presentación realizarase ás 20:00 na Sala Multiusos do Concello de Viveiro e contará coa participación de persoal técnico e usuarios de Aspanane Viveiro, que relatarán as dificultades á hora de consumir e comprar.
“Durante toda a semana organizamos representacións teatrais, charlas, xornadas de análise, entre outras actividades. O noso obxectivo é concienciar á cidadanía unindo a diversidade funcional e a cultura”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
Superarte cumpre este 2021 a súa terceira edición, mostra do compromiso do Concello de Viveiro coa inclusión. Tras a inauguración, representouse a obra de teatro “Hugo”, da compañía de teatro “Os Náufragos”, dando comezo á ampla programación desta semana.
“Superarte é a semente dun proxecto de inclusión moito máis amplo. A raíz desta mostra de teatro, no Concello de Viveiro decidimos poñer en marcha o proxecto Viveiro Inclúe”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Dito proxecto artella varias iniciativas que buscan converter Viveiro nun lugar máis accesible para as persoas con diversidade funcional. Esta iniciativa en Viveiro foi pioneira na comarca, marcando a iniciativa do Concello neste eido.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



