Este sábado 27 de novembro ás 19:00h hai cita co teatro afeccionado no Valadouro. A través do circuíto de teatro afeccionado 2021 da Vicepresidencia da Deputación e en colaboración coa delegación de cultura do Concello do Valadouro, o grupo de teatro pontenovés Lume Escénico representará a obra “Cousas de Bares” no salón de actos da casa da cultura. Como consecuencia dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e humor con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal
Teatro no Valadouro este sábado
Teatro no Valadouro este sábado
Relacionado
-
A instalación eléctrica da antiga escola do Cadramón, no Valadouro, recibe melloras grazas á financiación da Vicepresidencia da Deputación
-
O pasado sábado, 20 de maio, celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro
-
O BNG presenta iniciativas no parlamento para recuperar os dous médicos no Valadouro