Santiago de Compostela, 26 de novembro 2021. O BNG acadou a unanimidade do Parlamento galego para que a Xunta lidere o proceso de recurso da decisión do Instituto Xeográfico do Estado, defendendo o topónimo Ría de Ribadeo e persoándose como parte interesada xunto ás demais administracións públicas e plataformas cidadás.
Nunha iniciativa defendida ante a comisión de Cultura, o deputado nacionalista Daniel Castro cualificou o debate sobre esta cuestión como “acientífico” e enmarcouno no ataque que se está producindo á toponimia galega. Así, afirmou que coa decisión do Instituto de oficializar Ría del Eo como topónimo, o Instituto nega os datos científicos e obxectivos para darlle a razón a un informe político-administrativo.
Castro referiuse deste xeito á unanimidade existente sobre a consideración da Ría de Ribadeo como único topónimo oficial e, neste sentido, apelou ao Ditame do Pleno da Comisión de Toponimia de Galiza, o Informe do Consello da Cultura Galega, o Informe da Real Academia Galega, o Informe do Grupo de Investigación de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela ou os máis excelsos, como son o das alegacións do Concello de Ribadeo e o Informe Técnico xeográfico-histórico do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA). “E aínda máis, se alguén pensase que isto é un conflito España-Galiza no que uns din unha cousas e outros din outra pois tampouco, porque incluso a Real Sociedad Geográfica se manifestou a favor de respectar o topónimo de Ría de Ribadeo”, recalcou.
O deputado mariñán engadiu ademais que o Instituto estase a contradicir así mesmo, logo de recordar que xa no 2008 dicía textualmente: “…polo tanto, considerando que a denominación Ría de Ribadeo está xeneralizada en toda a cartografía hidrográfica, topográfica, atlas e publicacións xeográficas de carácter científico, a nivel mundial, non hai ningunha razón para que se cambie esa denominación pola de Ría del Eo que, como queda demostrado, é un topónimo creado recentemente e erróneo…”. “Penso que con isto xa podería rematar aquí a intervención”, ironizou, para a continuación reforzar os seus argumentos con outros pronunciamentos similares do propio Instituto neste mesmo sentido.
Para Castro, esta decisión vai en contra mesmo do que se toma como norma en todo o mundo e recordou que o Grupo de Expertos en Nomes Xeográficos de Nacións Unidas o que recomendan que calquera accidente xeográfico teña só unha denominanción. “Xa nin falta fai recorrer aos múltiples mapas e documentos que desde o 1550 levan atestiguando este topónimo de xeito constante, moi o contrario que o termo que oficializan Ría del Eo, que é unha clara creación ex novo de finais do século XX como ben demostraron os informes e como ben sabe toda a xente da contorna, estean a un lado ou outro da Ponte dos Santos”, subliñou.
Nesta liña, Castro tamén recordou que na propia Asturias empréganse os seus topónimos, como é o caso da Ría de Frexulfe, de San Esteban de Pravia, de Avilés, de Aboñu, de Villaviciosa ou de Ribadesella. “Se imos a Cantabria, Ría de San Vicente, de La Rabia, de Mogro, de San Juan de la Canal, de San Martín de la Arena, de San Pedro del Mar… e se imos a Euskadi, Bilboko Itsasadarra/Ría de Bilbao, Plentziako Itsasadarra/Ría de Plentzia, Mundakako Itsasadarra/Ría de Mundaka”, engadiu, para evidenciar que esta decisión, “ademais de ir contra a nosa lingua, a nosa historia, o noso País, vai contra a ciencia e contra a realidade existente noutros territorios e nacións, no Estado Español ou no planeta”.
O BNG empraza así ao Goberno galego a refrendar os seus compromisos no Parlamento, logo que o presidente da Xunta se comprometera a facer as alegacións necesarias en nome do Executivo galego, “porque sabemos de moitas ocasións nas que incluso cos acordos do Parlamento, a Xunta esquécese dos compromisos que esta Cámara acada por unanimidade”.
Logo de agradecer o apoio do resto de grupos parlamentarios á iniciativa nacionalista e, visto o intento do PP durante o debate por capitalizar unha cuestión liderada polo Concello de Ribadeo, Castro emprazou con ironía ao PP a estender “a defensa a ultranza da nosa toponimia que veñen de facer e así podemos acabar cos Villagarcía, La Toja, La Coruña, Arosa…”. “A ver se comeza a defensa da toponimia galega do PP a través da Ría de Ribadeo e xa verán como se enchen aínda máis de orgullo e satisfacción”, concluíu.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



