Burela, 15 de decembro, 2021. A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña, trala concentración do pasado mes de novembro, secundada maiorítariamente polos profesionais da sanidade do centro, para reclamar o dereito ao disfrute dos permisos solicitados, que por Lei lles corresponden a tódolos traballadores/as, e como a Dirección deste Hospital segue sin tomar medidas para solucionar esta problemática.
Como protesta pola situación que se segue a vivir ante a denegación sistemática de permisos convoca novas concentracións para tódolos xoves do mes de decembro ás 13:30 horas na entrada de acceso ó hospital público da mariña, para seguir reclamando o dereito ao disfrute dos días de vacacións, días de libre disposición, descansos e demais permisos que esta Dirección lles nega ás/os profesionais da sanidade deste Centro.
E reitera que logo do compromiso demostrado polo persoal tras casi dous anos de pandemia e que mostran neste intre un estado de fatiga tanto física como mental, atópanse con que á Dirección, de xeito sistemático “denega” os permisos solicitados, “alegando falta de efectivos para a súa cobertura”, sin facer ningún outro tipo de xestión para facilitar ós traballadores/as os descansos que por Lei lles pertencen.
Esta falta de efectivos é consecuencia da mala xestión dende hai anos por parte da Dirección deste hospital cara ós/as traballadores/as eventuais das listaxes de contratación, onde só se lles ofertan “contratos lixo” que asinan mes a mes, sen dereito a vacacións, a unha carteleira planificada que permita conciliar a súa vida persoal, e sen dereito a enfermar ou ter un accidente, xa que logo as deixan sen contrato ata que se recuperan. Todo isto supuxo a continua migración do persoal dispoñible para substitucións cara outros hopitais onde lles ofertaban millores contratos e respectaban os seus dereitos.
Despois de todo o acontecido durante as distintas ondas da pandemia, onde o persoal deu todo de sí e mantivo en funcionamento os servicios, non imos aceptar que a Dirección siga a denegar os permisos que legalmente lles corresponden.
Os aplausos e o recoñecemento ós traballadores teñen que pasar por xestións activas para facilitar os descansos que se merecen.
Dende a Xunta de Persoal fan un chamamento ós traballadores/as e a cidadanía a secundar esta concentración para esixir a esta Xerencia que faga o seu traballo, atope unha pronta SOLUCIÓN ou do contrario que DIMITA.



















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



