Cando vexas isto, xa terá pasado un ano máis un discurso pautado de xeito anual polas datas do Nadal… Cando o escribo, xa non queda rastro do discurso anterior, separado catro estacións.
É o meu deber e responsabilidade, éncheme de orgullo e satisfacción… Cousa así comezaban algúns discursos, cargados de solemnidade, que se pretende, máis que das proclamadas deber e responsabilidade, orgullo ou satisfacción. Escribo isto antes do discurso de Nadal, pautado, programado, máis ca tradicionale sentido. Cheo de palabras que enchen a boca e pretenden cativar para levar ó rego moito máis do que amosar condutas exemplares.
Indicar o 24 de decembro (ou o 5 de xuño, que a data pódese variar só con dar outra pauta, e as xustificacións para facelo xa se atoparán) as directrices para un pobo pode ser fastidiado. Non tanto para quen as da, claro, como para quen as recibe e sabe que son impostas para si, pero non teñen por que selo para todos. Que son tomadas por unha obriga -o dalas- por quen as dá, en función de quen as recibe. Pero non impostas pola xente receptora, senón impostas á xente na palabra, que non hai lei que as impoña. Claro que tamén hai que pensar que son ditas para ‘a xente’, non para ti, que es persoa descoñecida para quen fala e en aparencia, seguirás séndoo por non ter grandes ganas -nin posibilidades- de coñecemento pola súa parte (pola túa é diferente, iso de coñecer a un famoso ten glamour!)
O ano pasado, un discurso levaba ó final a frase ‘No será difícil que el año 2021 mejore a este 2020’. Tómese a resposta como se queira. E, a continuación neste ano nun novo discurso podería ser tamén ‘No será difícil que el año 2022 mejore a este 2021’: non creo que haxa moita xente e menos medios que lembren a frase do ano pasado, e ninguén lle vai quitar a verdade a un futurible de sentimento, nun discurso deseñado ademais para non ter que dicir nada.
De calquera xeito, é unha sorte para calquera persoa decente non ter asignada a cháchara de Nadal; o de dar un discurso ‘dese’ determinado perfil debe causar fastío. Se o cres, porque xa terás a experiencia de que ano tras ano, o de ‘agua de borrajas’ é aplicable unha vez máis -por certo, o de auga de borrajas é unha infusión que fai suar, pero nada máis, sen outro efecto-. E, pola contra, se non o cres, porque por moi pouca moralidade que teñas, sempre quedará un rastro que che diga que iso non cadra coa moral, aínda que poda facelo coa ‘moral ó uso’. Claro que, co mesmo xeito que eu, cando un día de cans me retrucan ó ‘bo día’, respondo ‘é un desexo’, tamén no transcurso da lectura quen le o discurso pode pensar ‘é un desexo’…

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



