Santiago de Compostela, 14 de decembro 2021. A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez cualifica de “novo fiasco” para a flota galega as cotas negociadas en Europa e advirte que continúan pendentes as negociación co Reino Unido das que con toda probabilidade, afirma “tamén sairemos mal parados”.
A nacionalista recalca que o acordo dos ministros de pesca da Unión Europa representa a “falta de importancia de Galiza” para a U.E” e explica que a especie de maior valor para a flota galega “a pescada” foi recortada por terceiro ano consecutivo. Sen embargo, critica que e esta redución sexa valorada polo ministerio español, como “un éxito e magnifico resultado”. Por outra parte, a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana afirmaba onte mesmo que Galiza non aceptaría nada que modificara o TAC e agora comprobamos que haberá unha redución desta especie nun 8%. Ademais, engade a nacionalista, o linguado terá unha cota de redución do 5% e a cigala, da Zona 8 fronte a Galiza permanece pechada. As novas cotas só avanzan no xurelo que fronte a proposta da comisión para unha redución do 18% finalmente incrementase nun 12% dende Fisterra ao Golfo de Cádiz como recomendaban os espertos.
Mercadeo político que prexudica gravemente a Galiza
En opinión da deputada do BNG, “a fixación dos TACs responden ao mercadeo político” e non a outro tipo de criterios, de aí, recalca que non entendamos que o xurelo aumente un 12% e a pescada sexa recortada nun 8%. Que intereses priman para chegar a estes resultados?
Dende o BNG consideramos que as negociacións anuais das cotas pesqueiras “son unha feira” onde non prima a viabilidade da flota e os postos de traballo “véndense cada vez máis baratos”.
A deputada indicou que, unha vez máis, Galiza sae prexudicada no reparto de cotas e advertiu que continúan pendentes as negociacións da U.E con Reino Unido de especies nas augas británicas, fundamentalmente no Gran Sol. Rosana Pérez e mostrou o seu temor a que de novo, nestas negociacións “a flota galega saia mal parada”.
Rosana Pérez volveu a reivindicar a declaración e recoñecemento de Galiza como “país altamente dependente da pesca” e a “revisión do principio de estabilidade”, que tanto nos está prexudicando dende os anos 80.
Asemade reclamou “capacidade directa” de Galiza para negociar os aspectos máis relevantes en materia pesqueira para frear negociacións que representan unha “ grave eiva” para o sector galego.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



