Mondoñedo, 13 de decembro de 2021. O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda e a Asociación de produtores e produtoras de horta A Sucadoira visitaron o luns 13 de decembro o Colexio Sagrado Corazón de Jesús (Ribadeo), para trasladarlles aos escolares a importancia de consumir produtos de proximidade e o camiño que estes percorren dende que son sementados ata que chegan aos seus fogares.
Esta xornada de sensibilización enmárcase dentro do proxecto piloto no que o GDR Terras de Miranda e a Asociación A Sucadoira colaboran con obxectivo de valorizar, promocionar e distribuír os produtos da horta e a súa excelente calidade, así como o recoñecemento social do traballo das produtoras e produtores locais.
Produtoras da asociación comezaron a xornada contándolle ao alumnado do colexio o obxectivo da súa asociación e as súas motivacións. As produtoras falaron da importancia que ten o consumo de produtos de proximidade para a sostibilidade social e medioambiental do territorio. Os escolares puideron aprender cales son os produtos que cultivan as produtoras e produtores da asociación, así como as diferentes tempadas de produción e recollida. Algúns deles probaron a sementar produtos da horta e froitas que agora terán que coidar entre todos nas súas aulas.
Puideron desfrutar desta actividade os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria. O vindeiro xoves día 16 desfrutarán desta xornada o alumnado do CEIP Gregorio Sanz.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



