Ribadeo, 14 de decembro de 2021. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, con sede en Ribadeo, porá en marcha en xaneiro un proxecto formativo aplicando unha nova tecnoloxía, que se chama de aula invertida. O alumnado poderá formarse durante a semana na súa casa a través das plataformas de Apaga e a fin de semana asistir ás clases prácticas. Álvaro Doural, o presidente do colectivo, anima ás empresas a enviar propostas de formación co obxectivo de poder satisfacer as súas necesidades laborais.
O presidente Apaga, Álvaro Doural, anunciou que “a partir de xaneiro empezaremos con outro proxecto formativo, que creo que é sumamente interesante e consiste na aplicación dunha nova tecnoloxía, que se chama de aula invertida. Vai haber un reforzo importante de toda actividade formativa que estamos facendo neste momento utilizando novas tecnoloxías: as nosas plataformas de formación e de videoconferencias e a utilización de ferramentas como o libro electrónico”.
Doural subliñou que “con isto vamos conseguir incrementar o número de horas de formación e que as actividades que se fagan en Ribadeo, ou noutro lugar, serán eminentemente prácticas porque a parte conceptual e de teoría vaise facer con esta nova tecnoloxía e as persoas que veñan participar nelas van ter xa previamente unha formación importante sobre a temática do curso”.
O presidente de Apaga contou que “isto vai ter un custe económico similar ao que teñen as actividades que son soamente presenciais. Polo tanto a aquela persoa que veña non lle vai supoñer un custo engadido”.
Álvaro Doural pensa que “é unha nova opción moi interesante, especialmente para a xente que está traballando e que pola semana non pode asistir, pero desde a súa casa poderá introducirse para facer a formación teórica e despois a fin de semana levar a cabo a actividade práctica. É un novo proxecto de formación que se está experimentando nunha iniciativa europea sobre os aprendices, seguindo directrices da Unión Europea, que está moi interesada na formación de aprendices”.
E engadiu: “creo que podemos aproveitar este recurso aquí, na Mariña de Lugo, e estamos abertos a escoitar propostas; de feito xa recibimos algunhas de empresarios, que queren que lles axudemos na formación. Estamos dispostos para calquera tipo de colaboración, sempre dentro das nosas posibilidades, pero eu penso que unindo forzas podemos saír adiante”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



