Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, o impulso aos servizos sociais coa creación dunha casa do maior e dunha residencia.
Durante o seu encontro co rexedor de Riotorto, Feijóo valorou que fosen adxudicadas as dúas solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 22 de marzo de 2021 para a creación de casas do maior. Deste xeito, o concello contará proximamente con 10 prazas de atención diúrna para maiores –5 en cada casa-.
No tocante á creación dunha residencia, o presidente da Xunta trasladoulle a Iglesias González o plan de investimentos da Consellería de Política Social para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais. Segundo lle explicou Feijóo, os concellos que resulten seleccionados e cumpran os requisitos poderán recibir un financiamento máximo de 1,2 millóns de euros para a construción dunha residencia a través da sinatura dun convenio de colaboración co Consorcio.
A maiores, na reunión tamén analizaron a nova planta de transferencia de residuos que se vai instalar no concello. Feijóo salientou que esta nova instalación, cuxa licitación podería realizarse en marzo de 2022, se integrará na nova rede de infraestruturas deseñada pola Xunta para que os concellos galegos dispoñan dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 quilómetros.
No que respecta ao planeamento urbanístico, Feijóo avanzou que o Plan Básico Municipal podería aprobarse definitivamente no primeiro trimestre de 2022.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



