Viveiro, 29 de decembro de 2021. O estado das infraestruturas e a ordenación urbana definen a calidade dunha cidade e fan que sexa máis ou menos atractiva para propios e visitantes. En Celeiro, o abandono sistemático e sostido no tempo a que someteu o Concello de Viveiro a esta importante zona urbana tivo como consecuencia que na actualidade se dea un estado lamentable dalgunhas das infraestruturas viarias e notables deficiencias na súa ordenación. O grupo municipal popular defenderá no próximo pleno unha moción para reclamar a redacción dun proxecto técnico, que teña en conta as necesidades dos veciños, para acometer as obras necesarias con cargo ao orzamento do ano 2022.
O presidente da xunta local do PP, Óscar Rodríguez (portavoz popular no Concello), visitou con directivos da organización que preside, residentes en Celeiro, algúns puntos da trama urbana. Os populares din que “dende hai meses os veciños e comerciantes da fachada marítima de Celeiro veñen queixándose do mal estado e da falta de ordenación urbanística da mesma”. Engaden: ”Sabemos que parte do espazo é municipal e parte de concesión portuaria, pero cremos que existen posibilidades de acometer esta ordenación e que as beirarrúas queden en condicións óptimas e as prazas de aparcadoiro debidamente ordenadas”.
Os populares esperan que, por unha vez, o goberno municipal decida saír da súa zona de confort, apoie a moción e se poña a traballar para sacar adiante as obras que propoñen, e mellorar desta maneira a calidade de vida dos veciños, a imaxe da cidade e crear as condicións para atraer máis visitantes.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



