Lugo, 16 de decembro de 2021. Unha vez máis, o bigoberno provincial deixou reducido a puro blablablá a súa demagóxica vontade de participación nas institucións públicas. Na liña habitual do presidente José Tomé, unha vez máis o grupo do PP foi discriminado á hora de participar no desenvolvemento de iniciativas ás que dá o seu apoio e así foi excluído do comité para a posta en marcha do Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Hai uns días, o PP sumouse á declaración institucional da Deputación de Lugo, nunha xunta de voceiros, para apoiar o Plan de Igualdade. Nestes días vimos de coñecer que se formalizou a creación dun comité para iniciar o proceso do Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes e nel non está o grupo maioritario, que é o do PP; están os representantes dos traballadores, os do goberno e falta o grupo maioritario na corporación, que representa a unha boa maioría dos lucenses”.
Castiñeira declara: “É un acto máis de sectarismo e de intentar deixar de lado ao PP incluso nun asunto como este, no que entendemos que todos temos a mesma liña e a mesma idea, que é a da xustiza social, da igualdade entre homes e mulleres”. Para o portavoz popular, “non é xustificable deixar fóra ao PP como único partido que non participa nese comité, no que cremos que podemos aportar e facer a nosa labor de representación”. Lembra que “o PP ten 12 dos 25 deputados que conforman a corporación provincial, é dicir, representa a case 77.000 persoas que confiaron no Partido Popular e que non van ter representación nese comité para elaborar o Plan de Igualdade da Deputación de Lugo”.
Os populares lamentan “ter que dicir de novo que así non se deben facer as cousas e que seguimos instalados no sectarismo do bipartito, empeñado en deixar de lado ao PP, o partido maioritario desta provincia”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



