Mondoñedo, 3 de decembro de 2021. O Grupo Socialista de Mondoñedo sinala que o Goberno do PP inviste novamente mais de 78.000 euros en propaganda e publicidade. Así o dixeron tras rexeitar na sesión plenaria celebrada este martes día 30, o orzamento do 2022.
Os socialistas sinalan que segundo consta nas propias contas municipais “o 95% do gasto do Concello esta adicado a persoal así como a gasto corrente, e onde resulta unha pequena diferencia de 163.000 euros, que se destinan a obras”. “Pero un ano máis criticamos os gastos na partida de publicidade de propaganda de 53.300 euros, á que se suma outros 25.500 euros de gastos de protocolo, as dúas ascenden a un montante total de 78.800 euros. E pola contra, para o capitulo de fomento de emprego hai tan só 46.000 euros. Polo tanto, o PP prioriza claramente a propaganda e a publicidade do seu Goberno e non a creación de emprego no noso Concello, como queda constatado”.
Rogo
Nesta mesma sesión plenaria tamén demandamos ao Goberno Local que inste a Xunta de Galicia, ou cantas institucións estime oportunas, para habilitar axudas para o aluguer das dúas vivendas de protección oficial situadas no Barrios dos Muíños, que son propiedade da Xunta. “Levan un ano rematadas, e xa se adxudicaron varias veces, pero actualmente seguen baleiras”. Hai que lembrar que nestes dous inmobles investíronse preto de 400.000 de fondos públicos, e onde o propio Concello de Mondoñedo tamén tivo que executar obras de saneamento con fondos propios.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



