Viveiro a 1 de decembro de 2021. Este xoves, 2 de decembro, a partir das 17.30h. terá lugar no Salón de Actos da Confraría de Burela, un encontro entre os asociados do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña- Ortegal. Unha experiencia dinámica, destinada principalmente á xeración de comunidade, estará composta dunha parte na que tecer redes entorno a un viño español e unha sesión formativa impartida pola coaching e facilitadora de procesos de aprendizaxe, Raquel Pedrouso.
A interacción da primeira parte favorecerá as sinerxías entre os diferentes asociados/as asistentes co obxectivo de espertar, abrir e proxectar novas posibilidades de desenvolvemento e crecemento económico no territorio a través da interacción e a colaboración dos axentes locais, as entidades e os asociados/as.
A sesión de coaching-formación servirá para presentar o proxecto “Un mar en común. A afouteza da xente do mar”, que é e quen hai tras el, falar da importancia da cooperación para poñer en valor o territorio e fixar emprego, do papel da innovación e a tracción nos traballos relacionados co mar e sobre todo a construción colectiva do futuro de Galicia.
Na actualidade o GALP A Mariña – Ortegal conta con 52 entidades asociadas pertencentes ao sectores pesqueiro, social, económico e público, todas elas convidadas ao evento. Aproximadamente unha vintena de persoas, pertencentes á Confraría de Burela, á Asociación de Redeiras Cabo Burela e á de Percebeiros de Meirás, ao Club de Mar de Cariño, ao Náutico de Ribadeo, Centro Histórico e Concello de Viveiro, e Concello de Valdoviño participaron xa nas entrevistas que a directora de proxecto, a antropóloga Cristina Valdés, está a realizar dende finais de setembro dentro da primeira fase do proxecto.
O de mañá en Burela será o primeiro dos 4 encontros programados (un en cada GALP participante no proxecto) que continuarán os días 9 de decembro ás 17.30h na Casa do Mar de Sada (GALP Golfo Ártabro Sur), o 10 de decembro ás 17.00h. na Casa do Pescador de Miño (GALP Golfo Ártabro Norte) e rematará o 11 de decembro ás 11.00h no Museo Manuel Torres de Marín (GALP Ría de Pontevedra, promotor do proxecto).
“Un mar en común. A afouteza da xente do mar”
O proxecto, do que é responsable a antropóloga e investigadora Cristina Valdés Méndez, foi promovido pola Consellería do Mar a través do GALP Ría de Pontevedra e ten como obxectivos fortalecer o tecido asociativo territorial dos GALP, dotando de ferramentas ás persoas e ás entidades para mellorar a súa relación e a súa comunicación interna e externa.
O traballo de investigación está a permitir facer unha diagnose da situación na que se atopa o sector e poñer en marcha un conxunto de accións (talleres, intercambios de boas prácticas) para impulsar a cooperación e a colaboración interterritorial mediante a participación dos 4 GALP citados anteriormente.
Estruturado en catro fases – e actualmente entre a 1ª e a 2ª – na primeira estase a entrevistar aos integrantes das asociacións que forman parte dos GALP para coñecer as súas opinións; na segunda – da que forma parte a actividade do día 2 de decembro – realizaranse as xornadas de formación/ interacción segundo as necesidades que traslade cada grupo; na terceira farase unha posta en común entre as entidades pertencentes aos diferentes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e por último, na cuarta fase, publicaranse os resultados acadados durante a investigación e propoñerase un manual de boas prácticas que sirva de guía para manter a dinamización do tecido asociativo no futuro.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



