Lugo, 11 de xaneiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, asinaron un convenio de colaboración polo cal a institución provincial achegará 90.000 euros para a reparación dunha estrada na parroquia de Rebuxentos. Trátase duns traballos importantes para mellorar as comunicacións no municipio e que contarán cun investimento total que supera 115.200€.
As obras previstas consistirán na mellora da capa de rodadura, corrixindo tamén as deficiencias estruturais que presenta a vía. Os traballos inclúen ademais a limpeza de marxes e cunetas e a súa sinalización. O prazo de execución destas actuacións é de dous meses.
Situada na parroquia de Piñeiro, a estrada de Rebuxentos é á vía que conecta a LU-P2204 de Momán ás Pontes coa LU-P-2208 de Mazandoi a Porto Souto e que da servizo a varios núcleos rurais. Trátase dunha actuación importante porque a veciñanza utiliza este camiño para acceder a estas estradas provinciais que vertebran o municipio.
A Deputación vén de arranxar a LU-P-2204 que conecta a parroquia de Momán, en Xermade, coas Pontes de García Rodríguez, cun investimento de cerca de 1M€.
Tomé Roca destacou que “asegurar unhas boas comunicacións entre os concellos rurais e entre estes e as zonas urbanas, algo fundamental para o desenvolvemento equilibrado do territorio, para a igualdade de oportunidades, e polo tanto, para manter a poboación”.
Ademais desta colaboración económica para impulsar o turismo durante as datas de Nadal, a Deputación achega ao Concello de Xermade máis de 300.000€ a través do Plan Único deste ano 2022 para desenvolver actuacións municipais.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



