Foz, 11 de xaneiro de 2022. O Concello de Foz celebrou a mesa de contratación da obra de urbanización da rúa Costa do Castro. Cunha oferta de 500.721,82 euros (IVE incluído) a empresa adxudicataria proposta resultou Construcciones Isidro Otero SL.
O rexedor municipal focense, Fran Cajoto, agradece de novo á Deputación de Lugo e ao seu presidente o compromiso co Concello de Foz: “esta obra é posible grazas a que o 80 por cento do custo é financiado pola Deputación de Lugo, o 20% restante son fondos propios do Concello de Foz”.
O alcalde recorda que as obras consisten na urbanización completa da rúa Costa do Castro entre Álvaro Cunqueiro e o cemiterio, que se transformará nun vial completamente renovado, con beirarrúas de máis de 2 metros de anchura, novo alumeado público e a mellora de servizos, como a substitución da rede de abastecemento e a disposición dunha rede separativa cun novo colector de pluviais. “Cando actuamos nunha rúa temos que pensar no que se ve e no que non se ve; e por iso somos ben coidadosos na renovación de tubaxes. Con esta obra estamos a transformar un camiño urbano nunha rúa ben definida. Non é de recibo que as persoas que viven nos bloques de edificios ou acoden ao cemiterio teñan que sortear vehículos: vai supoñer unha mellora substancial na seguridade dos peóns”, explica Fran Cajoto.
Os licitantes tiñan a posibilidade de ofertar unha serie de melloras e así aconteceu no caso da oferta máis vantaxosa: “Vanse poder levar a cabo todas as melloras incluídas nos pregos de licitación. É unha gran nova porque complementan dunha forma moi importante a obra principal, dándolle sentido de conxunto e garantindo a conexión de vehículos e peóns co barrio de Marzán”, engade o rexedor municipal, quen especifica que “o primeiro lote de melloras que se executarán inclúe a pavimentación con aglomerado en quente das rúas Fiallega e do Cemiterio, co cal quedará renovado no seu conxunto o viario entre o centro da vila e a estrada ao Bispo Santo, titularidade da Deputación de Lugo. Ademais, está previsto realizar unha reorganización de tráfico nestas dúas rúas e delimitar unha senda peonil específica na rúa do Cemiterio, de xeito que unha persoa poda camiñar sen dificultades e con seguridade entre a Residencia e Centro de Día de Foz e a rúa Álvaro Cunqueiro. Esta senda levará separadores de carril tipo gota para delimitar o paso peonil do tráfico rodado e, xunto a unha mellora da iluminación do vial, permitirá un acceso peonil seguro entre o barrio de Marzán e o centro de Foz, cun recorrido moito máis curto que pola Avenida de Viveiro”.
Cajoto especifica tamén que “unha mellora de distinta índole que se incluíu no prego e que tamén será executada é un miradoiro a carón das letras de Foz. Cunhas dimensións de 7 por 4 metros permitirá poñer en valor unhas vistas sobre a ría de Foz que son autenticamente espectaculares. Desde o Pico do Castro podemos divisar unha imaxe impresionante da ría de Foz e non só iso: a vista amplíase ao leste e podemos distinguir todo o Golfo do Masma ata Tapia. Un miradoiro case descoñecido e que temos ben preto do casco urbano”.
As obras teñen un prazo de execución de oito meses, dadas as dimensións do proxecto. “Agora hai trámites que facer, formalizar a adxudicación e que a empresa adxudicataria presente o Plan de Seguridade e Saúde. Agardamos que comecen as obras antes da primavera. Durante a execución das obras faranse desvíos de tráfico en función do traballo a realizar, procurando que o vial estea pechado o menor tempo posible e garantindo o acceso de veciñas e veciños ás súas vivendas. As obras son molestas, pero o resultado paga a pena. Polas beirarrúas do cemiterio lévase agardando máis de 30 anos”, remata o alcalde.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



