Lugo, 4 de xaneiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García pernas, a Vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade da Universidade da Coruña (UDC), Amparo Casares Gallego, e o director da Escola de Arquitectura da UDC, e Plácido Lizancos, participou este martes na Casa Habanera de Roupar, en Xermade, na presentación dos resultados dun convenio de colaboración a través do que a institución provincial achegou 35.000€ á UDC para desenvolver un traballo de estudo e deseño dun prototipo de equipamento dotacional para persoas maiores no rural galego.
No acto tamén estiveron presentes Luz Paz Agras, doutora arquitecta e investigadora principal do traballo, e Fernando Agrasar Quiroga, doutor e director do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica da UDC.
A iniciativa, que se artellou en torno ás edificacións da Casa Reitoral e da Casa Habanera de Roupar e que contou coa estreita colaboración da Asociación de Veciños deste núcleo e do Concello, ten carácter experimental e define un modelo de vivendas comunitarias con servizos asistenciais, actividade sociocultural e recursos que é replicable a outros lugares da provincia e de Galicia.
O equipamento deseñado, que recibe a denonimación de Casa da Veciñanza, busca o envellecemento activo e favorecer que as persoas maiores se poidan quedar a vivir na súa localidade ou zona de residencia contando cos recursos axeitados para poder facelo, o que axuda a fixar poboación.
O Presidente enmarcou o convenio coa UDC para elaborar este traballo de estudo e deseño de novos modelos de equipamentos dotacionais para persoas maiores na aposta da Deputación “pola colaboración coa Universidade pública para apoiar a investigación e a innovación, e transferir eses coñecementos á sociedade e ao tecido produtivo para impulsar o seu desenvolvemento e progreso”. “Penso que as administracións acertamos cando nos achegamos á Universidade buscando aplicacións prácticas para a investigación ou estudos especializados sobre calquera cuestión. Así o fixemos neste caso dende a Deputación, apoiando un proxecto para elaborar un prototipo de equipamento para as persoas maiores en Roupar”, asegurou José Tomé.
O mandatario provincial agradeceu “o gran traballo” a todo o equipo universitario que participou nesta iniciativa, un labor “que supera os límites do que é unha proposta arquitectónica, e que se amplía ata configurar unha reflexión sobre a realidade sociolóxica do noso rural e dos nosos maiores”.
O Presidente puxo en valor a colaboración da Asociación de Veciños de Roupar e do Concello de Xermade para elaborar o estudo, asegurando que este é “un bo exemplo dos beneficios que ten para a sociedade a colaboración entre o movemento asociativo, a Universidade pública e as institucións”.
Así mesmo, José Tomé explicou que as políticas sociais son unha prioridade para a Deputación de Lugo. De feito, lembrou, o Goberno provincial dedícalle a este eido máis dun terzo do total dos Orzamentos da institución, que conta cun amplo sistema de protección social do que forman parte unha rede propia de centros públicos de atención a persoas maiores; a colaboración económica cos concellos da provincia para que poidan prestar o Servizo de Axuda no Fogar e o servizo de teleasistencia domiciliaria as 24 horas do día totalmente gratuíto para os usuarios e usuarias.
Neste sentido, explicou o Presidente, o modelo proposto no estudo académico da Universidade da Coruña é distinto do que ten implantado a Deputación nos seus centros de atención a maiores, pero, en todo caso, “as conclusións e as reflexións metodolóxicas” que se inclúen no traballo “servirán, sen dúbida algunha, de gran axuda de cara ao futuro, á hora de seguir deseñando equipamentos públicos que de verdade respondan ás necesidades reais dos nosos maiores e do noso rural”.
Un modelo extrapolable
O traballo elaborado pola UDC en Roupar co apoio da Deputación de Lugo define un modelo de equipamento que se pode extrapolar a outras zonas da provincia de Lugo e de Galicia, sentando as bases para a definición dun prototipo.
A proposta recolle unha aproximación multidisciplinar que implica o campo arquitectónico, económico e xerontolóxico. A nivel urbanístico e arquitectónico pártese da análise do núcleo de Roupar para entender a maneira de vivir, á vez que se repara nos elementos patrimoniais e ambientais do lugar. Neste caso, a participación da veciñanza foi vital e de moita utilidade.
Sitúase no ámbito de maior concentración de actividade de Roupar, ao redor da Escola Habanera, a Igrexa e Casa Reitoral, para aproveitar as inercias existentes e sumar novos espazos que dean solución ás necesidades plantexadas. Proponse a consolidación da Escola Habanera como espazo sociocultural, xa existente e en uso pola Asociación de Veciños. Suma, así mesmo, a posibilidade de uso complementario dos seus espazos para o novo equipamento.
Plantéxase a rehabilitación e ampliación da Casa Reitoral para a creación dun equipamento asistencial e un conxunto de vivendas comunitarias, e o acondicionamento de todo o entorno para un mellor aproveitamento, dándolle moita importancia aos espazos exteriores onde a veciñanza adoita sentar a conversar e pasar o seu tempo de lecer.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



