Lugo, 14 de xaneiro de 2022. Esta tarde presentouse no Pazo de San Marcos a publicación “A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo”, o catálogo da exposición realizada no Museo de Lugo en 2013, no ano seguinte á morte do artista e intelectual, e comisariada por Fernando Arribas Arias e Teresa Pena Moreda.
Maite Ferreiro sinalou que o volume, editado polo Vicepresidencia da Deputación, “dá un novo percorrido a un proxecto que supuxo un fito moi relevante ao ser a primeira gran mostra que se fixo sobre a obra cerámica de Isaac Pardo” e “atende, coida e divulga o legado artístico dunha figura imprescindible da Galiza traballadora, anovadora, moderna e defensora da súa identidade como é a de Isaac Díaz Pardo”
“As institucións públicas debemos ser as primeiras en comprometernos con ese legado. Como obriga ética, moral e legal”, sinalou durante a súa intervención no acto, no que tamén participou o fillo de Isaac Díaz Pardo, Camilo Díaz.
A publicación, coordinada por Fernando Arribas Arias e Teresa Pena Moreda, recolle reproducións das máis de 350 pezas que integraron a mostra, ademais de debuxos e bosquexos de Isaac Díaz Pardo, dando conta da evolución creativa da súa cerámica dende finais dos anos corenta do século pasado ata os seus últimos deseños, xa no século XXI.
Ordénanse seguindo unha secuencia cronolóxica que reflicte tamén a evolución creativa, cunha etapa pictórica (1948-1955) na que reprodue nas pezas cerámicas as características da súa obra pictórica tanto nas formas como na súa produción cromática; unha etapa entre os anos 50 e 60 na que entra de cheo no deseño industrial aplicando os novos principios tanto a nivel estético como á concepcion empresarial, con deseños máis abstractos e xeométricos, e que culmina na creación do Laboratorio de Formas xunto a Luis Seoane; e unha terceira etapa, ligada á recuperación de Sargadelos, na que os deseños adquiren forma totalmente anovadoras e supoñen verdadeiros alardes técnicos: deseños modulares e amontoables ou figuras articuladas, nas que chega a empregar ata corenta elementos na súa composición.
Ademais da reprodución das pezas, o volume inclúe textos de Camilo Díaz Arias de Castro, Xosé Díaz Arias de Castro, Andrés Varela Martínez e Ramón Villares Paz.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



