A Mariña, 31 de agosto, 2026. A asociación Arrincadeira de Riotorto, Mariña Patrimonio e ADEGA organizan o sábado 5 de setembro, ás 19:00 horas, a conferencia «O campamento romano do Vedro da Fame en Riotorto: unha peza fundamental para entender a conquista romana do noroeste ibérico», impartida polo arqueólogo e investigador Andrés Menéndez Blanco. O relator explicará a relevancia deste excepcional recinto militar para comprender o proceso de conquista romana do noroeste peninsular.
A actividade terá lugar no Centro Sociocultural Avelino Díaz, en Riotorto.
Un xacemento singular no panorama romano de Galicia
A conferencia permitirá achegar ao público o coñecemento existente sobre o Vedro da Fame, un campamento militar romano identificado en 2023 mediante o estudo de fotografías aéreas e datos LiDAR. O xacemento sitúase maioritariamente no concello de Riotorto, na parroquia de Santa Marta de Meilán, aínda que unha pequena parte se estende cara á parroquia de Santa María de Bretoña, no concello da Pastoriza.
Con 14,2 hectáreas de superficie, trátase dun dos maiores campamentos romanos documentados ata o momento en Galicia. Ademais, presenta varios tramos defensivos que delimitan un anexo duns 2,6 hectáreas na súa ladeira occidental, unha configuración pouco habitual que o converte nun caso singular dentro da arqueoloxía militar romana do noroeste peninsular.
O estudo deste recinto ofrece información de grande interese para comprender o avance do exército romano, as vías de penetración no territorio e o proceso de ocupación do noroeste ibérico.
O relator: un especialista no exército romano
Andrés Menéndez Blanco é doutor en Historia e arqueólogo vinculado ao Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (INCIPIT-CSIC). Especialista en arqueoloxía da paisaxe e teledetección, conta cunha ampla traxectoria no estudo dos campamentos militares romanos e da presenza do exército romano no noroeste da Península Ibérica.
Forma parte tamén do colectivo investigador RomanArmy.eu, dedicado ao estudo e divulgación da presenza militar romana no noroeste ibérico, e participou directamente nas investigacións sobre o Vedro da Fame. En 2025 publicou, xunto co arqueólogo José Manuel Costa-García, un informe patrimonial específico sobre este recinto.
Contidos da conferencia
Durante a sesión presentaranse:
– As características principais do campamento.
– Os métodos empregados para a súa identificación.
– A súa posible relación con outros recintos militares documentados en Galicia e no resto do noroeste peninsular.
A actividade ofrecerá unha oportunidade única para coñecer o valor histórico e arqueolóxico deste excepcional xacemento situado entre Riotorto e A Pastoriza, así como para reflexionar sobre a importancia da súa investigación, protección e conservación.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.


