O Concello de Barreiros vén de enviar, fai uns días, material promocional turístico sobre o municipio para ter a disposición de profesionais e visitantes no stand de Turismo de Galicia en FITUR co fin de contribuir á mellora do posicionamento deste destino local. Así, achegouse un lote tanto cos folletos turísticos editados recentemente pola Asociación de Hostelería de Barreiros coma cos mapas municipais editados polo Concello.
No tocante á asistencia a esta Feira Internacional de Turismo que se celebra do 19 ao 23 de xaneiro, este ano decidiuse non asistir presencialmente debido á situación epidemiolóxica actual. Se ben, o Concello está presente a través da plataforma virtual Fitur Live Connect, co obxectivo de establecer contactos profesionais cos diferentes expositores ao longo dun período de tempo que vai máis aló da celebración da propia feira. Deste xeito, estase a convidar a varios touroperadores especializados que operan en Galicia no eido das viaxes organizadas, grupais ou non, a establecer reunións en liña co fin de presentarlles o noso destino.
Elixiuse aqueles que xa dispoñen de circuítos organizados na Mariña Lucense e no Camiño de Santiago, co obxectivo de que nos coñezan mellor como destino e as posibilidades que ofrece Barreiros. Para isto estase ultimando un novo folleto-guía turístico no que se presentan as diferentes propostas de visita, así como a oferta aloxativa, de restauración e de ocio. Como complemento, presentaráselles o novo vídeo turístico “Barreiros queda en ti” que viu a luz o verán pasado.
Dende o Concello, agardan seguir dando pasos para incrementar o seu posicionamento como
destino turístico na Mariña Lucense e en Galicia.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



