Foz, 28 de xaneiro de 2022. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez avanzou hoxe unha nova actuación para poñer en valor os recursos naturais da Mariña, dentro da súa aposta pola dinamización económica e turística da comarca, despois de participar esta mañá na sesión de constitutiva da comisión de seguimento do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña lucense, no que o Goberno inviste un 1.000.000 de euros. A subdelegada explicou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ten previsto investir 400.000 euros para a realización de diversas melloras na praia de Llás, no concello de Foz.
Isabel Rodríguez, que efectuou unha visita á praia acompañada polo alcalde, Francisco Cajoto, lembrou que este proxecto súmase a outras ambiciosas iniciativas nas que traballa o mesmo departamento como son a creación de dous sendeiros para peóns entre Peizás á Pampillosa, tamén en Foz, ou entre Os Castelos e a praia de Fomento, no municipio do Vicedo.
A subdelegada informou de que a actuación que ten proxectada o Servizo Provincial de Costas para a praia de Llás consiste na estabilización medioambiental, inclúe a eliminación de especies exóticas e restauración con autóctonas e forma parte don unha nova mostra do compromiso do Goberno coa Mariña.
No proxecto contémplase tamén a posta en valor do sistema dunar desta praia coa colocación de paneis divulgativos. Tamén se prevé o encauzamento do afluente central da praia mediante pilotes de madeira, evitando así a erosión e deterioro desta zona ocasionado polas avenidas periódicas producidas no devandito contorno.
Igualmente o proxecto contempla a execución dunha nova pasarela de madeira na zona central da praia e un aparcamento co fin de mellorar o estacionamento e accesibilidade da mesma.
O proxecto de melloras na praia de Llás sométese a información pública, desde hoxe e por un prazo de 20 días hábiles, unha vez publicado no Boletín Oficial do Estado.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



