Ribadeo, 27 de xaneiro 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, explica que “no pleno da corporación local deste venres imos a preocuparnos por varias cuestións”. Deste xeito, pedirán explicacións ao goberno do BNG sobre as facturas pendentes de pago. O goberno local paga con moitos meses de atraso ás empresas que prestan servizos ao Concello e tamén as axudas a moitas asociacións culturais e deportivas e, polo tanto, preguntaremos por que non resolve este asunto”.
Por outra banda, o popular sinala outro asunto: “non se están sacando a licitación varios servizos para o Concello como a luz, o combustible ou a telefonía. E isto é un problema porque se lle ten que pagar a unha empresa de combustible unha factura pendente dende varios meses que ascende a máis de 5.000 euros”. A este respecto, Vega indica unha alternativa a través da Fegamp: “custaría menos o servizo”.
O popular cre que “este goberno do BNG continúa pechado en si mesmo e, dese xeito, é imposible resolver os temas”.
Daniel Vega cre que “hai moitas fotos, pero poucos froitos”. Polo tanto, preguntará por distintas xestións. Unha delas serán as realizadas ante SEPES porque “despois de 16 anos no goberno, o polígono industrial de Ribadeo segue igual: sen empresas. E, agora, ademais, caen os coches nos accesos á zona industrial. Queremos saber que se fixo para rebaixar o prezo do solo que facilite a implantación de empresas e, ao mesmo tempo, tamén preguntaremos por que non rebaixan os impostos que recada o propio Concello de cara a favorecer a actividade económica no municipio; unha decisión do goberno do BNG. Hoxe as empresas do polígono pagan máis impostos que pagan fai algúns anos”, indica.
O voceiro tamén avanza que o Grupo Municipal Popular preguntará polos traballos que se fixeron en relación á promoción do noso Concello en Fitur.
“Agardamos que o goberno local explique todas estas cuestións ao pobo de Ribadeo”, conclúe.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.



