Lugo, a 20 de xaneiro de 2022. A provincia de Lugo ten singularidades que fan que resulte moi atractiva para o turismo. Pero hai unha que actúa en sentido contrario, tanto sobre os visitantes como sobre os propios lucenses: o mal estado da rede de estradas provinciais, é dicir, das que dependen da Deputación, presidida polo socialista José Tomé, que é responsable directo da área de Vías e Obras. Unha das estradas en mal estado é a LU-P 3103, en Mondoñedo. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, insta ao goberno provincial a desenvolver canto antes as xestións necesarias para amañar o firme desta vía.
Castiñeira sinala: “Mentres o señor Tomé está máis preocupado pola súa cadeira, tanto no PSOE como nas institucións, no grupo provincial do PP seguimos a recorrer a provincia, pisando as súas estradas. Nesta ocasión desprazámonos co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, a visitar unha vía provincial que, como moitas outras, está en mal estado. Trátase da LU-P 3103, de Santa María a Maior á Cruz da Cancela; comunica Mondoñedo con concellos como Pastoriza, Meira e Riotorto”.
Os populares destacan que debido ao mal estado desta vía hai moitas queixas dos veciños e tamén dende o transporte escolar. Castiñeira di: “Esta vía, especialmente en dous puntos, está moi perigosa. De feito, xa a levamos un rogo ao pleno de novembro para que se executase a súa reparación, e vemos como o señor Tomé, como delegado de Vías e Obras, aínda non fixo absolutamente nada para solucionar o problema”.
O alcalde de Mondoñedo informou a Castiñeira de que enviou un escrito á Deputación, avisando de que a vía está chea de grande fochancas. O grupo provincial do PP reclama “que a Deputación arranxe cantos antes o firme desta vía, que non espere a que haxa un accidente”.
A LU-P 3103 é, di Castiñeira, “unha estrada máis das que xeran queixas polo mal estado da rede viaria provincial; é unha demostración máis da falta de xestión por parte do equipo de goberno, dun delegado de Vías e Obras inexistente, despreocupado dos problemas dos lucenses, da súa calidade de vida”. Espera “que non tarde moito máis en amañar esta estrada posto que neste tempo, en inverno, está aínda máis perigosa”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



