Burela, 13 de Xaneiro de 2022. Os socialistas esixen ao Goberno de Feijóo que non abandone ás familias da rúa Mar Cantábrico de Burela, e reclaman que, a través do IGVS, medie coa Sareb para a evitar os desafiuzamentos das vivendas de protección. Tamén solicitan que lles preste asesoramento técnico e xurídico que precisan as familias ao longo deste procedemento.
A Deputada Autonómica, Patricia Otero ven de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia, tras coñecer a través dos afectados, a situación de inseguridade xurídica que están padecendo.
Así as cousas Otero relata que o pasado O 8 de xaneiro de 2004 cualificábase o edificio n.º 6 da rúa Mar Cantábrico de Burela como de protección autonómica (vivenda protexida de propiedade privada), cunha duración da protección de 25 anos, finalizando o período de protección autonómica en xaneiro de 2029.
No mes de xaneiro de 2021 a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), emitiu unha orde de desafiuzamento das vivendas deste edificio, na que instaba aos inquilinos destas vivendas de protección autonómica que están en réxime de alugueiro a que as deixen libres no prazo dun ano. Prazo este que remata o vindeiro mes de febreiro.
A Deputada advirte, tal e como constatou que son “varias as familias afectadas por esta decisión da Sareb. Nun principio 16 familias, algunhas das cales xa se cambiaron da vivenda ante a falla de noticias tanto da Sareb como da propia Xunta de Galicia. E a día de hoxe seguen sen ter noticias e non saben se ao final terán que abandonar ou non as súas vivendas. A pesares de estar ao corrente nos pagos dos seus alugueiros e de se faceren ademais cargo dos gastos comúns do edificio, á Sareb non lles aporta solucións, nin sequera nos supostos de querer mercar as vivendas”, explicou.
A Xunta debe velar pola vivenda protexida
Por último dixo, “non podemos pasar por alto de que se trata de familias que teñen vivendas en alugueiro de protección autonómica, e que se supón que a Xunta de Galicia debe de velar por esta vivenda protexida, e non darlles ás costas”, resumiu.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


