Ribadeo, 11 de xaneiro de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, valorou de xeito positivo a visita cursada esta mañá a Ribadeo pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. E anunciou que nunha das actuacións do Plan Rexurbe, en Cabanela, o equipo de goberno aposta “porque a rehabilitación destes inmobles en ruínas sexa destinado ao aluguer de vivenda para a xente nova”.
O rexedor dixo: “agradecer e valorar positivamente a visita da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, aquí, a Ribadeo, e concretamente ao casco vello, sobre o que hai poucos días respondeu o Consello da Xunta á nosa petición, por parte do pleno da Corporación, para que sexa declarado como Área Rexurbe, porque levamos anos traballando na rehabilitación intensa do conxunto histórico. E, ao mesmo tempo, despois de moitos anos de traballo, puidemos aprobar un Peprich (Plan Especial de Protección e Reforma Interior) e agora este é un novo paso que pretendemos dar precisamente para actuar naqueles ámbitos que nos parece que está máis degradados e que soamente coa iniciativa privada é difícil”.
Suárez Barcia comentou que “un exemplo é o barrio de Cabanela, onde naceu Ribadeo aló polo século XII e que está nunha situación de tremenda ruína, nun estado lamentable desde hai decenios. Polo tanto espazos como este son propicios para que, con esta iniciativa Rexurbe, entre varias administracións poidamos impulsalo. Tamén loxicamente contando coa iniciativa privada, pero as administracións deben impulsar, tutelar e dirixir estas iniciativas”.
O alcalde ribadense subliñou que “nunha das actuacións do Plan Rexurbe, concretamente a do barrio de Cabanela, apostamos porque a rehabilitación destes inmobles en ruínas sexa destinado ao aluguer de vivenda para a xente moza”.
E engadiu: “temos varias cuestións que facer agora, como un plan de dinamización, co que nos poñeremos inmediatamente para que os resultados desta Área Rexurbe se poidan ver canto antes. Así que moitas grazas, conselleira e demais representantes autonómicos, por vir aquí hoxe e quedamos, coma sempre, á vosa disposición”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



