Foz, 11 de xaneiro de 2022. O estado das zonas verdes é un dos parámetros que indican a calidade dos gobernos municipais. O estado no que se atopan os parques urbanos de Foz fala claramente, e non para ben, da xestión do equipo encabezado polo alcalde, Fran Cajoto (PSOE). A concelleira popular Verónica Soto faise eco das queixas dos usuarios dos parques pola gran cantidade de excrementos de paxaros que hai neles e reclama do goberno municipal que, con urxencia, poña en marcha un plan de limpeza destas zonas verdes.
Verónica Soto sinala: “O grupo municipal do PP demanda do goberno municipal de Foz un plan de limpeza urxente dos parques municipais do centro urbano. Durante estes días estamos recibindo moitas queixas de veciños e usuarios dos parques; de xubilados, de familias e de rapaces que non poden usar os parques porque están cheos de excrementos de paxaros, das bandadas de estorniños que nesta época colman as arboredas que temos nos nosos parques”.
Soto explica: “Diante desta situación, demandamos una actuación do goberno local, en aras da limpeza, da hixiene e da boa imaxe dos nosos parques, que son moi usados por todos os veciños. Esta falta de limpeza afecta tanto ás zonas de tránsito como aos bancos, maioritariamente utilizados por xubilados. E tamén ás zonas infantís, o que pode provocar algún tipo de enfermidade”.
Os concelleiros populares din que “a falta de previsión do equipo de goberno provoca que a día de hoxe os parques estean baleiros e a imaxe que se está a dar do pobo, que ten una actividade comercial, social e turística importante, non é a máis idónea”. Por elo,
reclaman do equipo de goberno “que faga as previsións necesarias para non deixar aos veciños de Foz sen poder usar os parques públicos do núcleo urbano”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



