Lugo, 25 de febreiro de 2022. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a segunda edición do programa Saborea a túa provincia, unhas xornadas gastronómicas e lúdicas coas que busca promocionar e incentivar o consumo dos produtos de proximidade, como fórmula para dinamizar a economía dos concellos e para axudar na recuperación da hostalería, do turismo, do comercio e dos pequenos produtores, que viron moi mermada a súa actividade pola pandemia.
“Este programa tamén nos axuda a seguir consolidando o modelo de turismo polo que apostamos dende a Deputación de Lugo para favorecer o desenvolvemento socioeconómico da provincia: un turismo de calidade, sostible, non masificado, que pon en valor o patrimonio e que crea emprego, especialmente no rural”, explicou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen subliñou que a pasada edición tivo moi boa acollida, con máis de 200 visitantes en cada localidade.
Igual que o ano pasado, o Saborea a túa Provincia celebrase ao longo do mes de agosto de xeito itinerante en 9 concellos da provincia e contará cun orzamento de 100.000€. A diferencia da edición do 2021 terá un formato máis dinámico, con programacións de media xornada, pero mantendo os principais atractivos do Saborea: a música, as demostracións culinarias, as degustacións e as actividades para os máis pequenos.
Rutas Fluviais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe unha medida para simplificar a tramitación das reservas para as rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra. Unha medida posible grazas á renovación da páxina web de reserva das prazas que vén de facer a Deputación de Lugo e segundo a que non é necesario facer unha notificación e autorización previa no caso da gratuidade dos billetes para os integrantes dun grupo porque, pois a través da nova web xa se poden sacar billetes nominativos coa identificación do usuario ou usuaria.
Isto elimina un paso na tramitación da reserva que tiñan que facer ata esta temporada o persoal encargado do transporte dun grupo, guías acompañantes, guías oficiais de turismo ou persoas que exerzan de asistente en casos de discapacidade.
Rede provincial de Centros de Atención a Maiores
Por outra banda, na Xunta de Goberno aprobouse a licitación do contrato para a prestación de servizos básicos nos centros de atención a maiores de Trabada e Ribadeo por un importe conxunto que supera os 1,5M€. Concretamente, son 683.280€ no caso da residencia de Trabada e de 840.960€, na de Ribadeo. En ámbolos dous casos, o contrato terá unha duración de un ano, de xuño deste ano 2022 a xuño de 2023, coa opción de tres prórrogas anuais.
Tamén en relación coa rede de centros públicos de atención a maiores da Deputación, a Xunta de Goberno acordou licitar por un importe de 60.000€ e un ano de duración o contrato para a prestación do servizo de mantemento integral das instalacións de protección contra incendios das residencias de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira.
Contratos
En materia de contratos, a Xunta de Goberno acordou a licitación por importe de 24.000€ dos servizos de mantemento e reparación dos camións do Parque Móbil da Deputación e a adxudicación do subministro de pneumáticos para os vehículos e maquinaria do Parque Móbil e da Granxa Gayoso Castro á empresa Euromaster Automoción e Servizos por preto de 44.000€.
Redacción de proxectos das reservas da biosfera
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ao encargo á empresa pública Tragsa, como medio propio da Deputación de Lugo, da redacción dos proxectos para poder concorrer ás axudas económicas convocadas con fondos da Unión Europea que recibirá Galicia para investir nas Reservas da Biosfera a través do Programa de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Unha solicitude de fondos que se enmarcan “no traballo que estamos facendo dende a Deputación para captar a maior cantidade posible de recursos da Unión Europea para seguir impulsando o desenvolvemento sostible da provincia a nivel social e económico”, subliñou a voceira socialista do Goberno.
García Porto explicou que a liña de axudas á que pode concorrer a Deputación para as Reservas da Biosfera que xestiona a institución -Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá- ten un importe que vai dun mínimo de 350.000€ a un máximo de 625.000€, cubrindo o 100% do custe total dos proxectos, que deben estar dirixidos á conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, á mellora da gobernanza das Reservas, ao fomento do desenvolvemento sostible e o apoio á sustentabilidade do turismo, ou á mellora do patrimonio cultural e da paisaxe. O prazo para presentar estes proxectos conclúe o vindeiro 16 de marzo.

A Xunta de Goberno aprobou a solicitude de varios concellos da provincia de aplicar remanentes do Plan Único 2021 a novas actuacións. O Concello de Muras vai destinar preto de 16.000€ na mellora de camiños nas parroquias de Irixoa e Muras e 122€ para a lona dun remolque. O do Saviñao, 8.400€ para o subministro de formigón para a adecuación das estradas do Campo da Festa a Xixiriz, de diferentes camiños deste núcleo e da vía que une Ribeira coa Broza. Finalmente, o Concello de Taboada destinará 28.000€ de remanentes do Plan Único 2021 para a pavimentación dos accesos de Pousadoiro, Castelo, Bouza de Arriba e de Abaixo.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



