O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, fíxolle entrega dunha figura do ceramista vivariense Alfonso Otero Regal. Alin Cristian López Esteban estivo acompañado por Vanesa Pernas, da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, colectivo do que forma parte este barreirense de 29 anos. ‘Sinceridad’e foi a carta escrita por Alin Cristian, que recibiu as felicitacións de Terra Branca en nome do xurado que a elixiu como gañadora do 8º Concurso de Cartas de Amor.
![Alin Cristian López Esteban, o gañador do 8º Concurso de Cartas de Amor da galería ribadense Terra Branca, recolleu este venres o seu premio](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2022/02/250222-Foto-ganador-concurso-cartas-amor-Terra-Branca.jpg)