Viveiro, 25 de febreiro de 2022. A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo hoxe unha reunión coa directiva e xerencia de Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro) para informalas do traballo e xestións realizadas para a construción dunha residencia.
“Levamos tempo realizando xestións para conseguir a cesión do antigo colexio de Celeiro, co obxectivo de reubicar nesa edificación a Escola Oficial de Idiomas, que actualmente se atopa na parte superior do Centro de Día de Aspanane, para crear a residencia nesa segunda planta”, sinala a rexedora.
Porén, o traslado da Escola Oficial de Idiomas está retrasándose e demorándose máis do previsto, porque dende a Tesourería Xeral do Estado non se atopa unha alternativa para a cesión dese edificio. Deste modo, o Concello de Viveiro, en contacto con Aspanane, está traballando na búsqueda doutras posibles opcións.
“Atopamos unha segunda alternativa, que pasaría por construír a residencia nunha parcela de titularidade municipal, na que urbanisticamente é posible”, anuncia a rexedora.
Polo momento, dende o goberno municipal non se quere facer público o lugar no que se atopa esta parcela referida. Deste modo, como habitualmente procede o goberno local, quérese primeiramente informar aos voceiros municipais.
O Concello de Viveiro nunca deixou de traballar para conseguir que se puidera construír a residencia que proxecta Aspanane, entidade coa que o goberno local colabora dende sempre e á que recoñece o importante labor que desempeñan.
Aínda que a cesión do antigo colexio de Celeiro se está demorando, o goberno municipal seguirá traballando para que ese inmoble sexa cedido ao Concello de Viveiro, entendendo que se trata dunha edificiación emblemática, que debe ser arranxada e humanizar esa zona.
“Polo feito de atopar un terreo municipal amplo para a construción da residencia non imos cesar no empeño de lograr a cesión do antigo colexio de Celeiro, un centro no que estudaron os nenos e nenas de moitas xeracións”, engade a alcaldesa. O Concello de Viveiro considera que ese inmoble debe ser arranxado e dignificado, un obxectivo no que se está traballando.
Por outra banda, cómpre facer referencia a outro proxecto importante que o goberno municipal logrou para Aspanane. Cómpre sinalar que o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo asinarán un convenio, por importe de 50.000 euros, para que o concello poida levar a cabo unha serie de actuacións nas dúas naves ubicadas en Lavandeiras e cedidas a Aspanane, nas que teñen os talleres de traballo. Deste xeito e grazas ao compromiso da Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Viveiro realizará nesas naves as obras necesarias para eliminar os problemas de filtracións existentes.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



