Dicíamos a semana última que Núñez Feijóo, por obriga estatutaria do PP, habería demitir como Presidente do PPdeG por ser éste un cargo incompatíbel coa Presidencia estatal do PP, á que accederá no Congreso do 1, 2 e 3 de abril. Xa que logo, o PPdeG haberá elixir á persoa que desenvolva o cargo, para o que hai dúas vías: Congreso extraordinario ou elección por proposta da Executiva galega pola Xunta Directiva, máximo órgano entre Congresos. Esta persoa, despois de elixida, será, automáticamente-por disposición estatutaria interna do PPdeG-, candidata á Presidencia da Xunta.
Xurídicamente, en troques, Núñez Feijóo pode compatibilizar a presidencia estatal do PP coa Presidencia da Xunta até as vindeiras nacionais galegas (ás que concorrerá como candidata a persoa que o substitúa na presidencia do PPdeG). Non só isto, senón que podería manter este cargo e a súa cualidade de deputado no Parlamento galego e ser elixido senador pola Comunidade Autónoma, de existir vacante pola demisión dalgunha das persoas actualmente no cargo. Deste xeito podería debater co Presidente do Goberno do Estado no Senado, na súa cualidade de xefe da oposición.
Mais, sendo compatíbel xurídicamente, é incompatíbel na praxe política e Nuñez Feijóo xa o recoñeceu implícitamente, ao garantir que continuará no seu cargo á fronte da Xunta “polo menos un mes”. Xa que logo, demitirá á fronte da Xunta e será substituído por algún dos deputados populares no Parlamento, dos que só pertencen ao Goberno os seus vicepresidentes, Alfonso Rueda e Francisco Conde. O que sexa eleito (quer Rueda, quer calquera outra solución de síntese, mesmo temporal) gobernaría con maioría absoluta os máis de dous anos que fican por decorrer nesta lexislatura. Desfrutará, pois, dunha total leximidade de orixe, ao abeiro da legalidade estatutaria galega.
Outra cousa moi diferente sería a lexitimidade de exercicio dese hipotético novo Presidente da Xunta.. Porque as eleccións galegas do pandémico 2020 formuláronse por Núñez Feijóo dun xeito absolutamente personalista, a xeito de referéndum sobre a súa presidencia e, nomeadamente, sobre a súa xestión da primeira ondada da pandemia. Formuláronse agachando da súa propaganda electoral tanto aos líderes do PP estatal como á propia marca da organización política, o PP. Definíronse como Feijóo 2020.
Velaí que unha nova Presidencia da Xunta, con ser lexítima na súa orixe, estará falta de lexitimidade de exercicio. Esta circunstancia e máis a previsíbel falla de liderado global a respecto do PPdeG da nova Presidencia constituirá, de seguro, un grave factor de inestabilidade a respecto da política galega no resto da lexislatura.
A solución a este problema e máis á fidelidade na conexión da Xunta coa cidadanía requiren do adianto das eleccións nacionais galegas. A oposición do BNG e do PSdeG haberían mallar neste leit-motiv durante os vindeiros meses.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



