Lugo, 21 de febreiro, 2022. Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, detiveron o pasado xoves día 17 de febreiro a un home por un delito de grooming, é dicir, mantivo actos de carácter sexual cun menor de idade. O arrestado contacto co menor a través da rede social Grindr, embaucándoo ata que conseguiu quedar con el.
A investigación iniciouse cando os axentes seguindo cos protocolos de actuación habituais, facendo un varrido das redes sociais tiveron coñecemento duns feitos, que de producirse, poderían ser constitutivos de delito. Un home duns 40 anos de idade, primeiro intercambiando fotos e finalmente valéndose do embaucamiento conseguiu reunirse co menor. O fin era ter un encontro de carácter sexual, que se consumou pola tarde do día 14 de febreiro nun aparcadoiro da cidade de Lugo.
Coa maioría das probas documentais solicitadas polos datos obtidos a través de diferentes fontes, non quedou dúbida sobre a autoría dos feitos. Procedese á identificación do home e o xoves día 17 de febreiro foi detido en Ribadeo.
Pasou a disposición xudicial o sábado 19, decretando o seu ingreso en prisión.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



