Madrid, 26 de febreiro de 2022. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visita unha explotación en extensivo do gandeiro Alberto Santín no concello lucense de Samos e reivindica o papel deste tipo de proxectos que permiten o desenvolvemento do rural e loitar contra o despoboamento. Rego lembra as iniciativas rexistradas polo BNG para reclamando novos criterios para o reparto das axudas da PAC entre as que se inclúe á referida a superficie admisíbel dos pastos arbustivos e a súa introdución nos ecoesquemas.
Durante a visita á explotación gandeira en extensivo na Serra do Oribio, Néstor Rego estivo acompañado pola concelleira do BNG en Samos, María Jesús “Chus” López e o responsábel local, Emilio “Milucho” López, así como membros do BNG de Samos. Os concelleiros de Sarria tamén acudiron ao proxecto, Efrén Castro- deputado provincial- e Mónica López, ademais do responsábel da subcomarca de Sarria, Fernando López, e o responsábel comarcal de Lugo, Bernardo Valdés.
Rego destacou a calidade do proxecto desenvolto durante os últimos 14 anos da explotación en extensivo e puxo en valor a recuperación da cabra e ovella de raza Galega. “Unha explotación con máis de 200 ovellas de raza galega e máis de 130 cabras de raza autóctona” enfatiza o deputado do BNG. Razas que desenvolven un papel de gran valor na conservación dos ecosistemas e que contribúen á limpeza e conservación dos montes, así como “evita a aparición e propagación dos lumes”
Por outra banda, o deputado nacionalista lembrou as iniciativas rexistradas no Congreso para que a superficie dos pastos arbustivos e de baixo arborado sexa admisíbel e recoñecida no desenvolvemento da nova PAC. “Co esta inclusión garantiríase que os gandeiros e gandeiras da Galiza non saísen prexudicadas a través do recoñecemento das singularidades do País” subliña Rego.
Para o deputado nacionalista, é preciso tamén incorporar “a identificación de prácticas locais estabelecidas en base á importancia que ten o pastoreo para a conservación dos valores protexidos polas directivas de hábitat e aves da Unión Europea”.
Alén do máis, engade a necesidade de incluír as especifidades dos territorios propios da Galiza no deseño dos ecoesquemas da PAC. “O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten que ter en conta as distintas necesidades de cada territorio para lograr unha mellor adaptación da nova regulación” afirma o deputado do BNG.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



