Mondoñedo, 26 de febreiro, 2022. O vindeiro día 4 de marzo, venres, ás 20:30h no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, terá lugar a presentación do Audio-Libro titulado Mondoñedo no Camiño de Santiago a través das súas personaxes. Obra que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a Xunta de Galicia, a Escola de Música de Mondoñedo e a Coral Mestre Pacheco de Mondoñedo
A música da citada obra foi composta por Xan Carballal e o libreto é da autoría de Xosé Peinó. A mesma foi executada entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de abril de 2020.
En palabras dos propios autores do proxecto:
Esta obra relata o percorrido por parte do Camiño Norte de Santiago ao seu paso por Mondoñedo. Na obra queda patente os marcado patrimonio cultural que configura o Camiño Norte de Santiago, tanto da propia localidade se Santiago de Compostela coma fin do camiño na praza da Catedral, e a relación dos personaxes co Arcebispo Xelmírez, personaxe de indubidable importancia e que marcou as peregrinacións cara a Compostela.
Asemade, pon de manifesto tamén a importancia desta ruta, incluída a Catedral de Mondoñedo, declarada Patrimonio da Unesco.
Destaca o marcado carácter humano que representa o rei Afonso VII, Emperador de Galicia, a través das súas relacións cos personaxes que se suceden na. Foi na época na que está datada, cando comezaron a ter moito relevo as peregrinacións a Santiago, xa que a Catedral compostelá rematou a súa construción 1.122, iniciando deste xeito o novo camiño a Santiago como fin e culminación tanto social como espiritual e promovido polo Arcebispo Xelmírez personaxe importante da obra como difusor da cidade do Apóstolo en Europa a través do LIBER SANCTI IACOBI.
Os personaxes que se presentan son históricos, Afonso VII, personaxe central da trama, que foi coroado na Catedral de Santiago apoiado polos nobres galegos e polo Arcebispo Xelmírez.
A narración literaria está escrita por Pepe Peinó, a obra está integramente escrita en galego e complétase cun CD musical. Ao longo do libro detállase en que momento o lector ten que escoitar a música que se adxunta, a fin de completar a historia narrada.
Libro-CD, que consta de 40 páxinas, está realizado en tamaño A4 apaisado, encadernado en tapas duras, cosido, e realizado en papel de alta calidade e a todo color. A Edición consta de 1000 exemplares.
En canto a sección musical integrada no CD, a música está composta polo director de orquestra lugués Xan Carballal e interpretada polo coro Mestre Pacheco da Escola Municipal de Música de Mondoñedo por músicos vinculados tamén a esta escola. A Edición consta de 1000 exemplares.
A obra foi impresa por UNICOPIA e o CD editado por ATLANTIA ENTERTAINMENT. As ilustracións foron realizadas polo ilustrador Antón Caxoto, e a fotografía corresponde a Pepe Peinó e Xulia Nogueira e a maquetación corresponde a Xulia Nogueira.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



