Ribadeo, 2 de febreiro de 2022. O CIM continúa coa educación en igualdade por medio de diversas actividades. Desta volta será cuns talleres de educación sexual dirixidos ao alumnado dos centros de ensino. Son: De bo rollo! e PorNo(n)Educar.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, explica que “De bo rollo! é para 2ª Básica do CIFP Porta da Auga, 3ºESO e 1ºBAC Coed. do IES Ribadeo e 1º e 2º ESO do Colexio Sagrado Corazón. É unha actividade xeral sobre sexualidade, diversidade e xestión saudable das relacións. Ten como eixes transversais o autocoñecemento do corpo, a xestión das emocións, o bo trato e a autoestima. A finalidade deste curso é traballar a comunicación asertiva, a posta de límites e a negociación para garantir as relación desexadas libres de coacción e violencias”.
A edil ribadense sinala que “PorNo(n)Educar é para Ciclo Medio do CIFP Porta da Auga, 4º ESO e 1ºBAC Coed. do IES Ribadeo e 3º e 4º ESO do Colexio Sagrado Corazón. Ten como obxectivo xeral xerar pensamento crítico e reflexionar conxuntamente sobre os contidos que aparecen na pornografía, intentando evitar que se converta nun axente educativo para as futuras xeracións. Tamén proporciona información clara e rigorosa sobre a pornografía para identificar que tipo de modelos, corpos, roles de xénero e erótica se transmiten a través dos medios de comunicación e en concreto da pornografía, e como isto inflúe nos nosos vínculos e na nosa sexualidade. Neste taller buscarase a participación activa do alumnado estimulando a reflexión grupal, o debate, a formulación de preguntas e a busca de respostas conxuntas para promover o pensamento crítico sobre a temática”.
Álvarez Lastra engade que “os talleres serán impartidos por persoal especializado que realiza proxectos de educación sexual e actividades divulgativas de sexoloxía para centros educativos, asociacións que traballan con usuarias con discapacidade, centros de información a muller, e colabora como persoal docente en formacións para profesionais sobre sexualidade e discapacidade. Queremos dar as grazas ao Centro de Psicoloxía Sanitaria especializado en Sexoloxía “Con mucho gusto!“ pola súa colaboración”.
Estes obradoiros desenvolveranse os días 7 e 9 de febreiro no CIFP Porta da Auga, o 8 e 9 de febreiro no IES de Ribadeo e do 14 ao 16 de febreiro no Colexio Sagrado Corazón.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



