Ribadeo, 22 de febreiro de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, visitou esta mañá ao alumnado que participa no curso para adultos sobre o certificado dixital que o Concello imparte na aula CeMIT. A actividade deu comezo hoxe e seguirá nos vindeiros días en varios grupos.
O rexedor declarou que “houbo moita demanda de participación para este primeiro cursiño para adultos sobre o certificado dixital. Son estas novas necesidades da vida moderna que nos tocan vivir a todos, onde no caso das persoas xurídicas xa é obrigatorio que se dirixan diante da administración pública con certificados dixitais, pero as persoas físicas tamén o estamos necesitando día si e día tamén. De aí que estes cursiños que fixemos dirixidos a todo o mundo están tendo moitísima aceptación. Hai moita xente que se ven anotando, incluso algunha dela de fora de Ribadeo, e hoxe é unha boa proba disto”.
Suárez Barcia sinalou que “nos próximos días seguiremos facendo estes cursos dividindo á xente en grupos. Logo, se as expectativas superan toda esta oferta que tíñamos, repensaremos e faremos novos cursiños porque o que se trata é de facer do telecentro un lugar para consulta, para aprender e un lugar para que diferentes segmentos de idade, desde xente nova a xente máis maior pasando por toda a que está en activo laboralmente, veña, se forme, aprenda e se recicle. Iso é o que pretendemos desde o Concello de Ribadeo”.
Acompañou nesta visita ao telecentro ao alcalde ribadense o concelleiro Jorge Díaz.
O curso sobre o certificado dixital, totalmente práctico e dirixido a adultos, impártese en varios grupos reducidos: Grupo1, os días 22 e 25 de febreiro; Grupo 2, os días 1 e 4 de marzo; e Grupo 3, os días 8 e 11 de marzo. O horario será de 12:00 a 13:00 horas.
A actividade explica todo o proceso para obter o certificado dixital, como pedir a correspondente cita para acreditar a identidade de cada persoa, a súa posterior instalación, exportación, instalación do certificado nos móbiles, firma de ficheiros e o seu uso en diferentes webs. Deste xeito cada usuario sairá do curso co seu certificado dixital obtido e sabendo como usalo.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



