Viveiro, 3 de febreiro de 2022. A Alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, quere aclarar os feitos relacionados coa noticia publicada pola voceira do BNG, nos que solicita información sobre o restaurante do parque Pernas Peón. Unha documentación que, tal e como confirma o goberno local, xa lle foi facilitada á concelleira. “Está a sesgar a información, terxiversando a realidade ante a cidadanía de Viveiro”, sinala a rexedora en referencia a esta situación.
Concretamente, a voceira do BNG vén de facer pública a súa petición de información sobre o citado restaurante. Porén, non indica que o Concello de Viveiro xa respondeu á súa solicitude, dando acceso á voceira do BNG aos expedientes correspondentes, o pasado 27 de xaneiro de 2022.
Dende o goberno local incídese en que ocultar esta información supón distorsionar a realidade. Na nota transmitida polo BNG despréndese que continúan á espera da documentación solicitada, cando en realidade o Concello de Viveiro xa facilitou o acceso.
“O único que logra facendo isto é insinuar e crear unha polémica que non existe, xa que ela mesma tivo acceso xa á documentación”, engade a rexedora.
Nos expedientes aos que se lle deu acceso consta que a cantina do Parque Pernas Peón se atopaba en concesión ata o 31 de maio de 2022, estando autorizado o subarrendo dende o 25 de abril de 2019. Na data de hoxe, presentouse por parte do concesionario escrito de renuncia á concesión.
A partir deste momento, o Concello de Viveiro volve facerse cargo da instalación e iniciará os trámites que legalmente proceden con respecto a esta edificación.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



