Santiago, 3 de febreiro de 2022. A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, asegurou hoxe no Parlamento galego que “non hai ningún paciente desatendido polo servizo de hospitalización a domicilio do Hospital da Mariña, nin tampouco criterio xeográfico algún para non atender aos pacientes dun ou doutro concello”. “Deixen de desprestixiar con alertas infundadas a situación deste Hospital, ese que BNG e PSdeG dicían que iamos pechar cando a realidade é que, a pesar das dificultades, hoxe ten máis servizos, mellor tecnoloxía, máis persoal e espazo que cando gobernaba o bipartito”, salientou.
Encarna Amigo explicou que a unidade de hospitalización a domicilio do Hospital da Mariña da cobertura aos 14 concellos deste distrito sanitario e o seu ámbito territorial non sufriu ningunha variación, nin no que atinxe á dotación de recursos humanos nin en canto a medios técnicos ou cobertura territorial. En concreto, Encarna Amigo dixo que “a dotación de persoal médico desta unidade de hospitalización a domicilio segue a ser de tres equipos asistenciais”.
ATENDER AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS
Na súa intervención, a portavoz popular demandou a BNG e PSdeG que “non confundan aos cidadáns, porque non se fai ningunha distinción territorial nin se deixa de atender aos pacientes de calquera concello, nin tampouco se reduciu o número de concellos adscritos á unidade de HADO da Mariña”.
“Na valoración dos pacientes, tendo en conta criterios clínicos en función da súa patoloxía, desde o HADO da Mariña téntase atender ao maior número de persoas, con independencia do lugar de residencia dentro deste distrito sanitario”, asegurou Amigo.
Para rematar, lembrou que o servizo de hospitalización a domicilio é un complemento asistencial á hospitalización convencional, “polo que no caso de que un paciente ingrese en HADO este será atendido no servizo asistencial que requira a súa patoloxía”. “É un modelo de atención cara ao futuro, centrado nas necesidades do paciente e moi valorado tanto por eles como polas súas familias”, sinalou.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



