Viveiro, 11 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro informa do balance da acción de trampeo de avespas velutinas, que foi realizada o pasado ano por unha empresa especializada.
Este labor levouse a cabo entre os meses de marzo e xullo, instalándose un total de 2.688 trampas. O trampeo profesional consiste na acción de instalar trampas xeolocalizadas, cuns atraentes especiais para capturar nos meses primaveirais raíñas fundadoras de niños, que tras o seu letargo invernal comezan de novo o seu ciclo.
Grazas a esta acción de trampeo, no pasado ano, capturáronse 10.374 avespas raíñas e zanganeras, superando as cifras de 2020. Para a colocación das trampas tivéronse en conta varias factores, como a proximidade a vivendas, a detección de focos predilectos de instalación ou a protección de asentamentos apícolas.
Coa campaña de 2021, o goberno local leva tres anos impulsando este tipo de acción de trampeo profesional, coa que se pretende minimizar a aparición de niños de velutina.
Cabe sinalar que en 2020 se colocaron un total de 2.157 trampas, dando lugar á captura de 7.335 avespas raíña e zanganera. Estes dous tipos de avespas teñen a capacidade de iniciar niños, pois hibernan xuntas.
O Concello de Viveiro está adherido ao convenio para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixilancia e control fronte á avespa velutina, asinado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp.
“Non obstante, este programa resulta insuficiente para atender a problemática das avespas no noso municipio. Polo que dende o goberno local levamos anos contratando os servizos dunha empresa especializada neste campo”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Con esta acción, o goberno local pretende estabilizar a praga, reducindo a existencia de niños de avespa velutina.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



