Burela, a 11 de febreiro de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Manuel Rouco, lamenta que “o señor Llano culpe da suspensión indefinida do mercado semanal dos venres en Burela aos comerciantes ambulantes por provocar altercados o pasado venres”. Así se desprende das explicacións que o alcalde lle ofreceu ao Grupo Municipal Popular que considera “moi triste a imaxe que ofrecía este venres a localización do mercado semanal de Burela coas rúas practicamente desertas. É a primeira vez na historia que se suspende sen que haxa ningunha situación meteorolóxica perigosa ou algunha cuestión sanitaria de emerxencia”, incide o voceiro.
Rouco explica que “o alcalde nos indicou que os comerciantes se reubicaron o último venres nunha soa rúa pola súa conta e risco; sen a mediación de ningún técnico ou autoridade municipal”. Igualmente, “o señor Llano tamén nos trasladou que a ningún deles se lles incrementou a taxa que están a pagar por metro de posto”.
Pero, “todas estas afirmacións feitas polo alcalde foron desmentidas por numerosos comerciantes que se deron cita ese día”. É máis, “son numerosas as voces do colectivo de comerciantes ambulantes que se queixan da mala planificación do goberno de Llano ao tratar de colocalos a todos nunha única rúa en Torrentes e tamén da suba inxustificada, e sen ningún tipo de explicación, das taxas para gran parte deles: arredor dun 50% con respecto ao venres anterior”.
O Partido Popular de Burela teno claro: “os primeiros interesados en que o mercado semanal de Burela funcione son os comerciantes e os veciños. Polo que tratar de diluír a responsabilidade como fai Llano é unha tomadura de pelo”.
Os populares pregúntanse, polo tanto, “ata cando o señor Llano seguirá a tomar decisións de costas á veciñanza e aos diferentes sectores que se vén afectados”. E ante estes desmáns, lamentan tamén que “a súa muleta permanente, o BNG, dea calada por resposta apoiando co seu silencio cómplice o mal proceder do goberno do señor Llano”.
“O BNG vende fume: a taxa municipal ás farmacias xa non se pode cobrar debido a unha sentenza xudicial do 2019”
Os populares consideran, así mesmo, que “o BNG asume a estratexia do goberno local vendendo fume aos veciños como é o caso da súa suposta negociación para que as farmacias de Burela non se lles cobre a taxa municipal de expendeduría na quenda de garda, algo que xa sucedía debido a unha sentenza xudicial do ano 2019 que obrigaba ao goberno de Llano a recuar nesta inxusta pretensión; xa anticipado no seu día polo goberno local do PP”.
Rouco aclara que “en esencia, o cobro desta taxa ás farmacias é algo que non sucedía porque a ordenanza que pretendía regular este goberno municipal xa fora paralizada no último pleno ordinario do ano 2021 debido, en boa medida, ao posicionamento do Grupo Municipal Popular. Agora, o que conseguiu o goberno socialista do señor Llano coa inestimable apoio do BNG foi subirlles as taxas a tódolos veciños e veciñas da nosa vila”, conclúe.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



