Santiago, 1 de febreiro de 2022. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, mantivo hoxe unha xuntanza con colectivos asinantes do ‘Manifesto de Burela en defensa do sector pesqueiro do Cantábrico Noroeste’, entre os que se atopaba o seu voceiro, así como representantes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga).
Trala xuntanza na que abordaron a posición do sector pesqueiro en relación á instalación de parques eólicos, a dirixente socialista trasladou a necesidade de avogar por un “xusto equilibrio” entre enerxías renovables e o sector pesqueiro.
“Non nos opoñemos á eólica mariña, pero cremos que se debe dar un xusto equilibro entre a instalación de enerxías renovables e o sector pesqueiro, fundamental para a economía galega”, sentenciou.
Neste sentido, Otero incidiu na importancia de “garantir” que os posibles parques eólicos mariños “preserven e respecten o ecosistema mariño”, ao tempo que “non causen dano ás actividades pesqueiras e, polo tanto, non prexudiquen o medio de vida de moitas familias”.























Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.


