Santiago, 18 de febreiro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que insta á Xunta para que continúe afondando na promoción da calidade alimentaria galega por medio do desenvolvemento de actuacións que impulsen a nivel nacional e internacional os produtos galegos de calidade diferenciada. “Todas as ferramentas de crecemento coas que xa conta o sector, como é o caso das estratexias sectoriais ou a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, han de vir consolidadas pola valorización e a promoción da excepcionalidade dos nosos produtos”, manifestou a portavoz popular do Medio Rural, Elena Candia.
Na súa intervención, Candia lembrou que o pasado mes de decembro presentouse a sección Galicia Calidade Alimentaria, dentro da recoñecida marca institucional do Goberno galego Galicia Calidade, unha sección específica que ampara todas as producións alimentarias de calidade diferenciada, co gallo de fomentar o bo facer secular e a excelencia dos produtos alimentarios galegos.
TRABALLO E ESFORZO
“Todos os galegos e galegas somos conscientes da calidade alimentaria coa que gozamos en Galicia, e temos que ser igualmente conscientes da importancia que posúe o feito de levar a cabo actuacións que, como as emprendidas ata o momento polo Goberno galego, permitan poñer de relevo todo o traballo e o esforzo que supón a elaboración de produtos excepcionais”, sinalou a portavoz popular.
Neste ámbito enmarcou actuacións como Galicia Calidade Alimentaria, “a través da que se amosa o compromiso da Xunta e de toda a cidadanía galega a prol dos grandes xeradores da calidade: dos gandeiros, agricultores, apicultores, viticultores, bodegueiros, queixeiras, mariñeiros, mariscadores ou acuicultores, entre outros moitos produtores galegos”, anotou.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



