A Pastoriza, 18 de febreiro de 2022. O Grupo Municipal do Popular de A Pastoriza amosa a súa preocupación pola sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo que condena ao Concello a pagar 21.000 euros á empresa do Servizo de Axuda no Fogar. Deste xeito, os populares consideran que “estamos diante dunha irresponsabilidade do goberno local sen precedentes, xa que os grandes prexudicados foron e son os beneficiarios deste servizo que, ademais de non telo, agora ven como a entidade local actuou de xeito improcedente”.
É por este motivo, polo que dende o PP destacan que os responsables da xestión do SAF, e en consecuencia o alcalde, “deben dar explicacións, e deben facelo, engaden, por respecto aos veciños e ás familias dos usuarios que tanto precisan desta prestación”.
“Estamos a falar dun servizo que non é coma outros, debido ao trato directo que conleva cos dependentes. Non velar porque a súa xestión sexa correcta é unha falta de competencia total e absoluta por parte do Concello”. A este respecto, o Grupo Municipal do PP afea ao goberno local que “cargue tintas contra a Xunta de Galicia”, xa que o desenvolvemento do SAF depende única e exclusivamente das entidades locais.
“Cando hai algún problema, PSOE e BNG sempre intentan culpabilizar ao Goberno galego, pero o que existe neste caso é unha irresponsabilidade clara por parte de socialistas e nacionalistas”. Os populares lamentan así que “intenten buscar escusas e frivolicen con algo tan serio como é a atención aos nosos maiores”.
Datos SAF
O Concello de A Pastoriza ten 39.252 horas anuais de SAF asignadas, polas cales a Xunta estaba poñendo á súa disposición, ata o de agora, 380.744 €. A setembro de 2021, a ratio de atención é do 84%: con 89 beneficiarios atendidos e 17 pendentes de recibir o servizo. Do total de horas asignadas, 35.772 están sendo efectivamente prestadas e 3.480 están dispoñibles.
Co incremento da achega da Xunta, que se eleva a 11€/hora este ano e o vindeiro, con efectos retroactivos desde o pasado mes de xaneiro, a Xunta porá á súa disposición nas vindeiras semanas 51.028 € adicionais.
Este incremento consolidarase no ano 2022, no que a achega ao concello de A Pastoriza será de 431.772 €, un 13,4% maior que ao inicio de 2021.
Este incremento do financiamento Xunta dará maior seguridade económica aos Concellos, que poderán estender o SAF a máis fogares e incrementar o número de horas das persoas que xa dispoñen desde servizo.




















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



