Foz, 1 de febreiro de 2022. A falta de xestión e a incapacidade para atender os asuntos municipais con orde e eficiencia é a marca do goberno local de Foz, presidido polo socialista Fran Cajoto. Unha boa mostra da veracidade desas afirmacións é que o alcalde é incapaz de convocar as sesións plenarias seguindo o réxime establecido no pleno de organización da corporación. Así o explica o concelleiro popular Juan Rivas: “O equipo de goberno máis caro da historia de Foz traslada os plenos ordinarios do último xoves do mes ao primeiro xoves dos mes seguinte; é algo incomprensible, porque está fixado no pleno de organización do principio da lexislatura que serían os últimos xoves de cada mes. Son dez concelleiros e non entendemos esa falta de organización, xestión e planificación que leva a retrasar os plenos un mes detrás doutro”. Os populares piden “ao equipo de goberno orde e que respecte o mandato da corporación no seu pleno de organización”.
Rivas anuncia a presentación polo seu grupo de dúas iniciativas na sesión plenaria do xoves: “O PP defenderá dúas mocións que cremos son importantes e interesantes. Unha é para tratar de poñer en valor as salas de exposición do CENIMA, que pasan moito tempo baleiras. O equipo de Cultura está moi xusto de persoal. Precísase unha persoa para o CENIMA, que coordine ás exposicións, que faga de comisario, como houbo sempre e que financiou a Deputación de Lugo no seu momento”. Este, di Rivas, “é un servizo que non é só municipal; nesta sala expoñen moitísimo artistas de A Mariña, que para iso é o centro de interpretación de A Mariña”. Os populares din que se podería establecer “un convenio coa Deputación de Lugo, para que esta institución puidera expoñer aí as súas mostras itinerantes”. Piden a reparación da fachada, que está totalmente descoidada, chea de humidades. Rivas lembra que o PP xa llo dixo “ao alcalde hai máis dun ano, pero non fixo nada”.
O mesmo concelleiro popular explica: “A outra moción é en apoio do sector primario, que é fundamental no concello de Foz. O 40% da poboación do concello vive no rural e a economía do rural é moi prexudicada pola xestión do Goberno central, que está a subir os custos de produción, tanto da gandería, como na pesca e no forestal, mentres que os produtos non suben o seu valor”.
Rivas destaca que “o PP sigue facendo unha oposición construtiva no Concello de Foz, mentres o goberno máis caro da historia ten moito que mellorar”.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



